A proposta de Rufián non interesa nin ao BNG nin a Galicia

Gustavo Olmedo Portela

Portavoz do Colectivo de Celadores da Área Sanitaria Pontevedra/Salnés 

Rufián sabe que está no seu mellor momento político, e mediático, aínda que é consciente de que as súas ambicións persoais chocan co seu independentismo, como tamén declarou no seu día, que deixaría o escano no Congreso. A esquerda estatal debe ser unha, e cunha soa voz. Podemos, Bildu, BNG, e Compromis, desmárcanse en principio do seu proxecto, non porque non crean no mesmo, se non posiblemente, e entre outras cousas, porque prexudicará ás citadas formacións nos seus respectivos territorios, e pola persoa que fai a proposta, pensando estes que a longo prazo os egos terminarán lastrando a nova formación política das esquerdas, si en realidade o que hai detrás é unha proposta personalista. 

 

Mentres que Sumar pon a condición de que estea á cabeza da nova formación, a Vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz. Ana Pontón a sabido responder á invitación de Rufián, que para nada esta reflicte a realidade e os intereses da sociedade galega, repartida fundamentalmente nun PPdeG sólido, e un BNG estable, que debe ser o referente do nacionalismo galego de esquerdas, a falta dunha formación galeguista e moderada. Basta como exemplo, que o sentidiño dos galegos, reflíctese que nin VOX, nin Sumar, nin Podemos, teñen representación no parlamento autonómico. 

 

O proxecto de Rufián é necesario para aglutinar á esquerda real, sobre todo coa lei D, hondt, que penaliza en determinadas circunscricións a unha esquerda tan dividida, pero non debería ser o proxecto do BNG, cunhas sondaxes que lle son favorables, e a posibilidade de ter un deputado máis no Congreso. O modelo aglutinador da esquerda real que Rufián defende, serve para España, pero non para Galicia. 

 

Por mor de desaparecer do mapa galego as forzas progresistas estatais, emerxeu un BNG forte, con 25 deputados autonómicos, o seu mellor resultado histórico, e un PSdeG/#PSOE en caída libre, e candidatos moi débiles como cabezas de cartel, como xa é tradicional nos socialistas galegos. O modelo estatal progresista debe ser Esquerda Unida, e Antonio Maíllo, sirva leste de exemplo, ese é o referente e o perfil de candidato, que creei nun proxecto político de futuro, estatal e progresista. 

 

É curioso que nas comunidades de Aragón, Galicia, Illas Baleares, Cataluña, País Vasco e Navarra, Podemos apenas teña representación, cunha presenza importante nas mesmas das forzas nacionalistas de esquerdas. Rufián está a propor intelixentemente un bo proxecto de futuro para as forzas progresistas, pero á vez oportunista contorna á súa persoa, e algo cuestionado nas filas de ERC, xa que a súa proposta dunha fronte de esquerdas non a consultou coa dirección do partido republicano, podendo lastrar a súa traxectoria. 

 

Se ao final só temos uns perfís mediáticos, estes terminarán sendo fenómenos conxunturais do momento, que poderán funcionar ben durante unha etapa, pero difíciles de manter no tempo, se só hai máis que retórica, e non hai uns efectos reais en políticas sociais, que os cidadáns potenciais destas formacións perciban as mesmas de forma directa no curto prazo, erros que no seu día cometeron UPyD de Rosa Díez ou Cidadáns de Albert Rivera, no outro espectro ideolóxico, eles mesmos coméronse o seu propio proxecto político, porque non crían no, todo soa moi ben, pero sen personalismos. Neptuno devorando ao seu propio fillo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE