Se a Seguridade Social española presenta agora un importante superávit é grazas ás achegas dos traballadores inmigrantes
As imaxes que estes días nos chegaron dunha praia de Granada, na costa de Castell de Ferro, onde os “bañistas” perseguen a uns inmigrantes que chegaran nunha embarcación -na que con seguridade se xogaron a vida- resultan especialmente preocupantes tanto polo feito en si mesmo como polo que teñen de “aviso”. Unhas imaxes que tamén deberían facer reflexionar aos dirixentes políticos (PP/Vox) e as elites mediáticas amigas que utilizan ao inmigración como arma para atacar ao goberno español de quenda (PSOE/Sumar) chegando a criminalizar aos inmigrantes con argumentos que non resisten a mais mínima análise.
Que ten pasado para que un sector da cidadanía dos pobos de España cambiara tan radicalmente, e en tan pouco tempo a súa actitude con respecto a inmigración?. Por que non están afastadas as fotos de cidadáns españois acollendo amistosamente a estes inmigrantes que foxen das guerras, a violencia, a fame e a miseria que asolan a moitos países africanos. Por que basta con informarse do que está pasando tanto no Norte de Africa como, por caso, na rexión do Sahel para entender o por que deste marea inmigratoria.
Tampouco estaría de mais que, no caso de Andalucia, estes cidadáns votaran unha ollada aos campos e invernadoiros onde se cultivan froitas e hortalizas para ver quen son os traballadores inmigrantes quen, nunha condicións coase de escravismo, recollen os froitos realizando traballos que moitos nativos non queren ben pola súa dureza ben pola precariedade das condicións laborais. Tampouco deberan perder de vista que si, por caso, a seguridade social española presenta no momento presente un importante superávit e grazas as apartacións dos traballadores inmigrantes.
Si os bañistas que perseguiron a estes inmigrantes son os principais responsables dun acto de tal deshumanización non menos responsabilidade teñen as elites políticas e mediáticas das dereitas extremas (PP/Vox) que veñen sementando un discurso de odio contra os inmigrantes. Unha elites políticas e mediáticas que, na súa paranoia antigobernamental, non teñen problemas para utilizar todo tipo argumentos falsos e tendenciosos coa esperanza de derrubar ao lexitimo goberno de quenda (PSOE/Sumar). Unha estratexia que alimenta un discurso de odio, que tensiona a sociedade, persegue ao diferente e debilita unha democracia que custou moito conseguir.
Volvendo a eses cidadáns que nos dan bochorno perseguindo inmigrantes non sobra lembrarlles que non fai moitas décadas moitos/as cidadáns andaluces, así como galegos, estremeños, casteláns.... tiveron que emigrar a países europeos, e latinoamericanos, “para ver de gañalo”, onde na maioría dos casos non recibiron o trato que agora lle queren dar aos que inmigran.
Pero a quen mais hai que responsabilizar destes actos vandálicos e inhumanos é as elites citadas por sementar odios cos seus infames discursos. Unhas elites cuxos lideres políticos (Feijoo, Abascal, Bonilla, Guardiola, Mañueco) dan sobradas mostras dun grande déficit de espírito democrático e de formación cívica.
Escribe o teu comentario