Pedro Sánchez na senda de Mariano Rajoy?

Manoel Barbeitos
Economista

Archivo - El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez
Archivo - Pedro Sánchez


 


 

Este novo caso de corrupción (o caso Cerdán) que esta vez afecta ao PSOE, quen lidera o goberno de quenda, e no que se ven implicados os últimos dous secretarios de organización (Ábalos, Cerdán) dende o punto de vista moral e ético só cabe lamentalo polo grande dano que lle fai tanto a credibilidade dos partidos como dos políticos e de rebote, á propia democracia española. Hoxe, con toda seguridade, a confianza cidadán na política está sufrindo un importante retroceso. Só cabe agardar que, polo ben da democracia, esteamos diante duns casos individuais de corrupción e non dun novo caso de corrupción sistémica como pasou co Partido Popular (Gurtel).

 

A nivel político caben varias lecturas. A primeira relativa á propia acción política empezando polo goberno de quenda. Como lle vai afectar este caso de corrupción? Con total seguridade que o nivel de desconfianza no mesmo se incrementará notablemente entre a cidadanía. En relación á estabilidade interna pode pensarse que Sumar intentará sacar vantaxe da debilidade do seu socio aínda que a súa marxe de manobra é moi pequena polo que haberá poucas ou ningunha novidade. Outra cousa son os socios aínda que atendendo as súas primeiras declaracións parecen seguir apostando pola fórmula actual, entre outras razóns por que a alternativa (PP/Vox) lles resulta, hoxe por hoxe, impensable ou cando menos non desexable. Intentarán varios deles (PNV, JxCAt e Podemos, maiormente) ver de sacar algunha vantaxe política, mesmo ameazarán con retirarlle o apoio (Podemos) mais, polo que xogan, non provocarán a caída do actual goberno.

 

En relación á oposición, este caso volveu a poñer en evidencia como os inimigos deste goberno de quenda non están nos partidos políticos da dereita extrema (PP/Vox), tampouco na talla do líder da oposición (Núñez Feijóo) senón que están nos aparatos do Estado -o poder xudicial e as chamadas cloacas- e nos medios de información e comunicación que maioritariamente se alienan coas dereitas extremas. O penoso discurso do señor Núñez Feijóo puxo de novo en evidencia as súas grandes deficiencias e debilidades pois mesmo neste momento tan favorable para os seus intereses non é quen de presentarse como unha alternativa de goberno crible e fiable. Como un candidato que se atreve a presentar unha moción de censura, porque ten unha alternativa, aínda que poida perdela. Un sinal de debilidade política que lle está pasando factura.

 

Non o ten doado Sánchez para recuperar a confianza perdida e para rematar a lexislatura xa que as dereitas extremas intentarán intensificar aínda máis o brutal acoso actual. Pero se algo ten demostrado Sánchez é que nin lle falta olfacto político nin se acovarda diante das adversidades. Pero farían ben el e o seu goberno en saír máis a rúa para confraternizar cos cidadáns e para convencelos das indiscutibles melloras que está levando adiante o seu goberno quen ademais ten luces longas, proxectos de futuro ilusionantes para as maiorías. Fronte aos ataques das forzas escuras precisará o apoio das maiorías sociais.

 

Unha incógnita nada banal estará en se os casos de corrupción quedan aquí ou hai aínda máis. Outra de carácter máis xeral é se en sistemas políticos como os actuais, con partidos xerarquizados e moi burocratizados, escasa democracia interna e nula transparencia, con miles de políticos que poden decidir sobre millóns, ou miles de millóns de euros de fondos públicos, se é posible evitar unha corrupción que tamén afecta a outras institucións do estado e da propia sociedade civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE