Coalición Galega, por unha política ambiciosa

Xosé María Artiaga Díaz

Presidente de Coalición Galega

Os representantes, afiliados e simpatizantes de Coalición Galega queremos hoxe estar presentes no debate da organización territorial do Estado porque temos unha ambición política e económica conducente a situar a Galicia no camiño da produtividade e xeración de emprego, para fortalecernos como país, como economía e como sociedade.


O noso partido é optimista co futuro da nosa terra, pois consideramos que a intelixencia social e as capacidades do noso pobo están por encima da desidia dos nosos políticos, e queremos participar na solución das dificultades que se aveciñan e opinar sobre as mesmas. Temos presente o tema de Altri.. que non cumpre cos requisitos medioambientais máis elementais exixibles nos países desenrolados. Temos presente tamén o continuo bloqueo administrativo á Facultade de Medicina da Coruña, coa conseguinte escaseza de cadros médicos en Galicia e o desastroso funcionamento de Hospitais Comarcais como o de Burela por estas mesmas circunstancias. Por que non unha segunda Facultade de Medicina na Coruña, tantos anos demandada? Poderiamos pasar de 450 médicos titulados ao ano a máis de 700 facultativos. Non debesen ser os de agora tempos de monopolios económicos nin de formación.

 

Tamén nos mantemos expectantes ante o oscurantista e millonario desarollo da Fachada Marítima da Coruña, que sorprendentemente é no único no que se pon de acordo Goberno e oposición, en cambios dunhas ducias de vivendas de protección oficial e de non sábese que máis. Por que non unha segunda intermodal de proximidade na Avenida do Exército cara a un servizo de proximidade nas capitais galegas?


Coalición Galega é unha forza que cre profundamente no modelo de convivencia europeo no que o obxecto fundamental é a preservación da liberdade humana e a responsabilidade individual, unha aposta galega que se nutre dos fundamentos ideolóxicos e humanistas do galeguismo histórico e quere representar os intereses de todos os galegos e galegas que desexen ter un futuro na súa terra.


Galicia é absolutamente europea e o Camiño de Santiago foi a columna vertebral de Europa, pero a UE ten agora 27 estados membros e cada vez está máis envorcada cara ao leste. Ursula von der Leyen está a comportarse como unha presidenta dos Estados europeos, coma se fose elixida por sufraxio universal.


Por outra banda, no campo da administración local, esencial nun país cunha poboación espallada e envellecida, estamos comprometidos con transformar a política provincial póndoa ao servizo das comarcas e dos municipios. As Deputacións teñen que ser entidades transparentes e cooperadoras á hora de favorecer o desenvolvemento municipal equitativo, ou deixar de ser.


Unha comarca con contido non se pode desenrolar sen detraer competencias ás Deputacións, e as competencias de réxime local están reservadas ao Estado.

 

Asistimos tamén preocupados ao languidecer do eixo oriental galego, Ourense e Lugo, así como das comarcas interiores das provincias da Coruña e Pontevedra.


Acreditamos que Galicia precisa un grao substancial de autogoberno e somos firmes defensores do dereito de autodeterminación dos pobos. Para camiñar cara a ese autogoberno, é necesaria unha importante competencia, que non é outra que a potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os impostos e contribucións percibidos en Galicia e sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso país. En Coalición Galega tamén queremos un réxime fiscal que se asemelle ao que teñen os navarros e os vascos, aínda que tentamos ir un pasito máis adiante. Imaxinamos que moitos cataláns, canarios e valencianos opinarán parecido, e quizais, tamén algúns andaluces e estremeños. Non vaia ser que a presidenta da Comunidade de Madrid sexa agora máis nacionalista que ninguén.


Os partidos gobernantes en España e en Galicia rexeitan pedir a plenitude de competencias previstas na Constitución e no Estatuto, nun grao infraconstitucional de autonomismo. O actual e o anterior presidente da Xunta empéñanse en reducir a Galicia a unha especie de macro-deputación que ten o seu órgano central na capital de España.
 

En Coalición Galega comprometémonos a manter unha beligerancia permanente fronte ás políticas de Europa e do Estado español que usurpen as liberdades económicas e individuais dos galegos, especialmente no campo rural e nas vilas.


Nesta lealdade á nosa sociedade e ao noso país, sen tutelas fiscais nin de ningún tipo, ofrecémoslle ao electorado galego un gran espazo transversal que abarca desde o liberalismo progresista até a socialdemocracia, para centrar a política en Galicia, en España e en Europa, en busca sempre da prosperidade económica, social e cultural da nosa xente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE