Poder tributario pleno vs. federalismo asimétrico

Xosé María Artiaga Díaz

Presidente de Coalición Galega

Necesitamos a potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os impostos e contribucións recadados en Galicia

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María Jesús Montero, interviene durante el desayuno informativo de El Correo de Andalucía. A 02 de abril de 2025, en Sevilla (Andalucía, España).
A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, intervén durante o almorzo informativo do Correo de Andalucía.  .

A día de hoxe Galicia non está a tomar parte nos debates económicos e políticos que se están a producir na sociedade. Non participa no debate do financiamento e menos aínda no da organización do territorio ou nos que se dan fora do ámbito español que son os que cada vez  máis nos afectan.

 

Os galegos, sabedores de que nos enfrontamos como sociedade e como  País a unha perda de peso demogràfico e económico dende hai décadas, ou máis ben séculos, non podemos xerar unha sociedade de futuro sen facer política en primeira persoa. Unha política de  estudo, anàlise e escoita das demandas e carencias sociais na xestión pública e económica, para reartellar unha forza política galega que obedeza só ao mandato do conxunto da sociedade galega.

 

A renovación profunda do proxecto de Coalición Galega ten que ser transversal e ven xustificada pola renuncia dos partidos “populares” ou “federalistas” gobernantes a desenvolver unha política que se axuste aos intereses sociais e económicos de Galicia.

 

Os partidos gobernantes en Galicia e en España néganse a solicitar todo o abanico de competencias previstas na Constitución e o Estatuto 

 

Coalición Galega é pois unha aposta galega que se nutre dos fundamentos ideolóxicos e humanistas do galeguismo histórico e quererepresentar os intereses de todos os galegos e galegas que desexen un futuro na súa terra.

 

A día de hoxe os partidos gobernantes en Galicia e en España rexeitan pedir a plenitude das competencias previstas na Constitución e no Estatuto, nun grado de autonomismo infraconstitucional.

 

 

 

A defensa dunha España unitaria tórnase absurda cando España non se quere realmente defender nin fronte a Bruxelas nin fronte à OTAN, e agora pode delegar a Cataluña competencias sobre inmigración que pola súa propia natureza están moi preto da cerna do estado moderno.

 

Acreditamos que Galicia precisa un grado substancial de autogoberno e somos firmes defensores do dereito de autodeterminación dos pobos.

 

Para camiñar cara a ese autogoberno cómprenos unha importante competencia que non é outra que a potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os impostos e contribucións percibidos na Galicia e sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País.

 

Dispoñer cada un dos séus cartos é outro mundo e outro nivel, e sinon pregúntenlle aos euskaldunak e nafarrak.

 

Cando un ou varios territorios están a disfrutar de maiores atribucións que os demáis, aínda que ocupando a mesma posición constitucional, atopámonos diante dun caso de federalismo asimétrico.

As facendas forais de Euskadi e Navarra xestionan case todos os impostos do sistema tributario, concertados ou convidos, e da recadación obtida transfiren unha cantidade ao Estado.

 

Desde un punto de vista financiero esta cantidade ou cuantía do cupo e da aportación non está relacionada directamente coa recaudación tributaria senón coa estimación dos gastos do Estado que conforman as cargas non asumidas. A financiación das comunidades forais depende da súa capacidade fiscal, e ao ter un nivel de renta per cápita superior á media de España, a aplicación deste sistema progresivo permítelles obter unha recaudación superior á de outras Comunidades. Si a esto engadimos os efectos derivados da forma de calcular o cupó e a aportación dándolle un alto valor ás competencias non asumidas, os resultados financieros resultan sempre ventaxosos para estas comunidades forais. 

 

Por outra banda este sistema facilita ás comunidades forais a recaudación e xestión de casi todos os impostos outorgándolles unha autonomía tributaria infinitamente superior.

 

Ofrecemos ao electorado galego un gran espazo transversal que abarca desde o liberalismo progresista até a socialdemocracia 



A recadación dos impostos tamén é unha cousa moi importante cando xurden controversias co goberno central sobre todo cando o Estado adeuda diñeiro ás comunidades autónomas e ameaza con non pagar, ou no caso común en que este diñeiro é transferido mediante un sistema de entregas a conta dunha liquidación definitiva que se fai dous anos despóis, xerando ademáis  incertidume e atrancos na xestión do IRPF.

 

Dispoñer de competencias en materia de recadación e xestión de impostos permite que as medidas tributarias adoptadas en cada momento teñan un efecto no propio exercicio para o que se aproban tanto sobre os contribuíntes como sobre os ingresos impositivos.

 

En resumo, a capacidade de resposta dos gobernos autonómicos de réxime común é moito màis limitada porque atinxe unicamente aos impostos que xestionan de xeito directo e resulta moito menos áxil.

 

Nesta idea ambiciosa de Galicia, nesta lealdade á nosa sociedade e ao noso País, sen tutelas fiscáis nin de ningún tipo, ofrecémoslle ó electorado galego un gran espazo  transversal que abrangue desde o liberalismo progresista ata a socialdemocracia para  centrar a política en Galicia, en España e en Europa, en busca sempre da prosperidade económica e social das nosas xentes.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE