Matar un reiseñor

Manoel Barbeitos
Economista

u00e1lvaro garcu00eda ortiz
Álvaro García Ortiz


 


 

O xuíz Hurtado estende a causa contra o Fiscal xeral a feitos que o Supremo desprezou cando a abriu


 

Cando vexo o que lle está a pasar ao Fiscal Xeral do Estado, o meu amigo Álvaro García Ortiz, non podo por menos que me lembrar da marabillosa película “Matar un reiseñor” onde o grande Gregory Peck fai un traballo fantástico que lle serviu para gañar un Óscar polo mesmo. E se me lembro dela non é por que Álvaro teña algún parecido físico con Atticus, non é o caso, senón por que teñen un concepto da xustiza, da liberdade e da democracia moi parecido. Porque na súa defensa non teñen medo a enfrontarse coas forzas máis escuras da sociedade na que lles toca vivir.


 

Coñezo a Álvaro García Ortiz dende hai xa unhas cantas décadas. Coñezo tamén non poucas das súas actuacións como Fiscal en Medio Ambiente da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cando deixou a marca da súa capacidade de traballo, do seu rigor intelectual e xurídico e da súa aposta pola verdade e a xustiza. Os seus informes sobre o desastre do Prestige (actuou na citada causa desmontando a tese que, por caso, intentaba culpabilizar en exclusiva ao capitán do barco, o grego Apostolos Mangouras, sacando á luz as múltiples tramas e faltas de regulación na que se move o comercio marítimo de petróleo), tamén sobre os incendios forestais (desmontando a tese da Xunta de Galicia (PP) de que a responsabilidade era dunha trama de incendiarios deixando en evidencia os enormes fallos da política forestal). Actuacións estas que lle valeron gañar a inquina, auténtico odio, das forzas escuras de Galicia e España que, como estamos comprobando, se puxeron á espreita de atopar unha oportunidade para “pasarlle factura”. Oportunidade que parecera atoparan agora.


 

Cando Álvaro García Ortiz foi nomeado polo goberno de progreso como Fiscal Xeral do Estado (agosto 2022) os que o coñecemos sabiamos do acerto do nomeamento. De que a súa xestión en tan relevante posto ia ser eficaz, rigorosa e moi positiva para a xustiza e a democracia en España. Tamén sabíamos que dado o sumarísimo peso que no poder xudicial teñen os maxistrados franquistas a súa tarefa non ía ser fácil, os atrancos múltiples e as dificultades maiúsculas pois a unión na súa contra das forzas escuras (políticas, xudiciais, mediáticas) non lle daría tregua e traballaría arreo para levar adiante a súa vendeta particular tal como, por caso, está facendo agora Donald Trump nos Estados Unidos co poder xudicial dese país.


 

Igual que lle sucedeu ao avogado Atticus Finch, Álvaro García Ortiz sairá triunfante dos envites e tamén o fará a Fiscalía Xeral o que será unha boa nova para a democracia española que, a pesares dos anos transcorridos dende a morte do ditador, aínda agocha importantes déficits por razóns de sobras coñecidas.


 

P.D.: Mentres, o principal responsable do caso, o señor González Amador investigado por fraude tributario, segue sen declarar grazas a belixerancia da xuíza encargada do caso que ven de cancelar por cuarta vez a comparecencia. Peculiaridades do poder xudicial español.

1 Comentarios

1

Totalmente de acuerdo.

escrito por Luis Rafael García García 08/Feb/25    19:01 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE