O brutal impacto da DANA no Mediterráneo coas súas consecuencias humanas, económicas, sociais e territoriais que se puideron ver e as que despois se foron coñecendo, deixa tamén unha serie de aprendizaxes que debesen servir para que no futuro inmediato non se repitan, ou cando menos, poidamos estar máis preparados para evitar males maiores.
O primeiro de todo, é desterrar dunha vez o negacionismo climático e aceptar que o cambio está aquí, que vén para quedar e que os impactos poden ser aínda maiores e máis intensos si non actuamos xa. Científicos e expertos avisaron, desde hai tempo, que a consecuencia do cambio climático o Mar Mediterráneo -un mar de augas quentes- estaba a se converter nunha bomba climática, que máis temperán que tarde, explotaría con efectos desastrosos como agora estamos a ver. Por que non fíxose nada? Como é posible que, a pesar desta ameaza, unha das primeiras decisións gobernamentais do novo Presidente da Comunidade Autónoma de Valencia fose a supresión da UVE? Como é posible que, uns e outros, non pensen en, polo menos, cambiar os protocolos para a xestión de catástrofes e de ordenación do territorio porque o risco de novas DANA, mesmo máis violentas e intensas, é moi alto?
No impacto da DANA tivo tamén a súa responsabilidade o aquelarre urbanístico e de vivenda que o País Valenciá viviu durante o último boom inmobiliario. Unha xestión territorial irresponsable que non tivo en conta a consideración do risco: segundo o Mapa de Riscos Fluviais só nas comunidades do País Valencia e Murcia, o número de vivendas que podían verse afectados polas inundacións fluviais (construídas en zonas con risco de inundación) ascendía a 450.000.
A terceira aprendizaxe debería ser que si debilitamos o público, como, por exemplo, fixo a Generalitat valenciana eliminando os servizos públicos da UVE, teremos menos defensas tanto para previr posibles fenómenos naturais e así anticiparnos, como para soportar os seus impactos. Oxalá que esta terrible desgraza sirva para entender a vital importancia do público: está a ser o persoal público quen con medios tamén públicos axuda ás persoas damnificadas, repara os danos nas infraestruturas e nos servizos, fai limpeza de cascallo, atenden aos afectados, buscan e recollen cadáveres ..., accións que están a servir para que aos poucos o Levante recupere a normalidade.
Tamén debese quedar claro que o avance a un estado de corte federal non debe ser discutido, todo o contrario, coa necesidade de contar cun estado forte que poda axudar as Comunidades Autónomas cando se atopen en situacións de desborde como pasa agora no País Valenciá coa DANA.
Non querería deixar fose o comportamento das dereitas durante esta enorme traxedia humana que pon en cuestión a súa capacidade real para gobernar España. Cada día que pasa resulta máis evidente que o señor Núñez Feijóo non é quen de gobernar: aparecer no medio da traxedia para soltar mentiras, atacar o goberno e denunciar á AEMET non é o que esperas do xefe da oposición, aínda que logo retroceda e ofrecese a súa colaboración pero, neste caso, desautorizando e deixando só ao Presidente da Generalitat de Valencia, o señor Carlos Mazón.
Pola súa banda a extrema dereita (Vox e os seus amigos) á vez que promoven unha axitación social neofascista que tenta aproveitar a dor e a indignación lóxicas dos afectados, emprenden paralelamente unha acción xudicial (de novo Mans Limpas) contra a directora de AEMET, o Presidente Pedro Sánchez, o Ministro de Interior, Grande-Marlaska e o Presidente da Generalitat, Carlos Mazón. Ofensiva xudicial que, como afán, vén acompañada dunha ofensiva mediática a través das redes e dos medios afíns sementando embustes que buscan fomentar o caos (que o radar meteorolóxico non funcionaba, que o servizo de emerxencia estaba colapsado, que a DANA fora provocada pola voadura intencionada dos encoros.....). Realmente, merecemos estas dereitas?
Escribe o teu comentario