Francia afasta os fantasmas pero non aclara o seu futuro

Manoel Barbeitos
Economista

Si nos atemos aos primeiros resultados coñecidos, sondaxes e proxección de escanos, si se pode dicir que Francia lle parou os pes a extrema dereita que quedaría en terceiro lugar segundo aqueles. Unha posición que a afasta de xefatura de goberno pero que, de ningures, se pode afirmar non lle permitirá influír fortemente na política francesa. O resultado que lle outorgan as proxeccións (135-143 escanos) a Reagrupación Nacional non deixa de ser moi, moi preocupante pois recolle un incremento espectacular en relación coas anteriores eleccións lexislativas cando sacara 89 deputados. E no horizonte xa aparecen as eleccións presidencias.

 

Por outra parte si ben e certo que as esquerdas, agrupadas no Novo Frente Popular, con 188-199 deputados gañaron as eleccións non está nada claro, pola súa heteroxénea composición, que consigan liderar como tal o novo goberno. A pesar diso hai que  recoñecerlles o mérito de formar unha candidatura unitaria en tan pouco tempo como felicitalas por conseguir ser a primeira forza e aparecer así como a “principal responsable” da derrota da extrema dereita. Por que resulta indiscutible que foi a unión das esquerdas quen impediu o anunciado triunfo da extrema dereita en Francia.

 

Un éxito tanto para as esquerdas como para Francia que, a pesar diso, non garanta nin moito menos que, como sinalaba antes, aquelas vallan a conseguir a Xefatura de goberno. As razóns son varias como que o Novo Frente Popular necesitara de alianzas que se presentan difíciles pois na terceira forza Juntos (161-169), os partidarios de Macrón, son maioría os que non queren saber nada coas esquerdas e moi especialmente co partido de Jean Luc-Melenchón (Francia Insubmisa). Algo con o que coinciden non poucos (por caso, os socialistas) dos que forman o Novo Frente Popular. Haberá que estar moi a espreita dos movementos que se vallan dando nas tres principais formacións políticas e moi especialmente da fortaleza unitaria do NFP. 

 

Neste marco a alegría de ter derrotado a extrema dereita, grazas a gran mobilización popular, non pode disimular a preocupación polo futuro de Francia. Unha preocupación que parte tanto da grave crise social e nacional que atravesa este país como da ausencia dunha clara alternativa de cambio. De un cambio que se fai moi necesario e urxente.

 

E estar preocupados polo futuro de Francia é tamén estar preocupados polo futuro de Europa. De momento cabe alegrarse temporalmente polo resultado pois o peor non sucedeu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE