Un escenario inédito en Cataluña

Manoel Barbeitos
Economista

O resultado das recentes eleccións autonómicas deixaron en Cataluña un mapa partidario moi distinto ao das últimas décadas, tal que algúns observadores e analistas falan de cambio de ciclo algo que, resultando un pouco aventurado, non deixa de ter a súa base empírica xa que quedou debuxado un escenario novo, inédito

 

Un escenario no que, por primeira vez, o PSC gaña de forma moi clara as eleccións grazas a un espectacular incremento tanto no número de votos (de 654.766 a 872.959) como de deputados (de 33 a 42). Unha vitoria do PSC que permitiría, chegado o caso, formar un goberno de esquerdas maioritario en Cataluña (#PSC+#ERC+Comúns: 68 deputados). Unha alternativa pola que aposta claramente un político de ERC tan relevante como Joan Tarda que lle pide ao seu partido “facilitar a investidura de Illa e construír camiño”.

 

Tamén, por vez primeira, as forzas soberanistas (JxCat, ERC, CUP) non serán unha maioría parlamentaria (59 deputados: a 9 da maioría) por mor das desfeitas tanto de ERC (perde 13 deputados e 180.000 votos) como da CUP (60.000 votos e 5 deputados menos). Este cambio supón tamén que, por caso, Puigdemont (JxCat) quedou moi lonxe do seu obxectivo estratéxico, que non era outro que volver ser President da Generalitat e que Pere Aragonès (#ERC) recibiu un castigo en toda regra pola súa xestión. Quen queda nunha situación máis delicada é sen dúbidas ERC cuxo futuro, atendendo as súas endémicas convulsións internas, non está nada claro. 

 

Este resultado diverxente debería reflectir por parte das forzas soberanistas (JxCat, ERC, CUP) en ouna revisión da estratexia seguida nestes anos, pois quedaron moi lonxe dos seus obxectivos programados. Un cambio de estratexia que, sen dúbidas, debería ir acompañado dun cambio nos liderados, pero que dado os precedentes e a dinámica actual dos partidos políticos o parto non será fácil nin rápido. A favor desta necesidade xoga a evidencia de que unha repetición electoral colocaríaas nunha situación aínda máis desfavorable en relación ao PSC.

 

Con respecto ao resto das forzas políticas que lograron representación parlamentaria convén destacar que os Comúns seguen en caída libre (perdeu 2 deputados e 15.000 votos), aínda que sería imprescindible para un goberno de esquerdas, e que Cataluña non é inmune á dinámica europea de ascenso das forzas de dereita extrema (28 deputados e 700.000 votos entre PP, Vox e Aliança.Cat).

 

Un ascenso este último que, en clave española, non pode ocultar que logo destas eleccións autonómicas as dereitas extremas (#PP, Vox) están hoxe máis lonxe que onte, pero seguramente menos que mañá, de derrubar ao goberno español de progreso. Por que, cabe gobernar España sendo unha opción minoritaria no País Vasco e en Cataluña? Teremos un novo test nas próximas eleccións ao Parlamento europeo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE