Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)
Seguindo na linea dos temas tabús que tanto me gusta tratar, hoxe toca falar desas axudas PAC que a Xunta de Galicia, a través de Medio Rural, agasalla arreo todos os anos, unha lotaría que sempre toca. A Unión Europea envía eses fondos agrarios e os gandeiros só teñen que anotar un determinado número de gando e un determinado número de hectáreas de terreo, sexan ou non propietarios dos mesmos, e aquí vén a picardía.
Debido á enorme burocracia detrás deste inxente número de parcelas, coa desculpa ou por culpa de axilizar os trámites administrativos, as únicas esixencias ineludibles que se impón para meter arreo leiras na PAC son dúas: pór a un solo beneficiario en cada leira e que devanditos terreos estean certamente traballados ou minimamente limpos. Esta axilidade absoluta permite marjen á picaresca e asi algún gandeiro, unha minoría, pode meter unha leira que parece abandonada e de paso leva esa herba, un aparente beneficio para todos, mesmo leiras nas que unha persoa falecida aparece aínda no catastro como propietario, mesmo leiras que teñen propietario pero xa nin documentos de propiedade ten, polo motivo que sexa.
Evidentemente, pode suceder que a alguén lle chegue a casa por correo unha carta informativa do catastro informando de que as túas leiras aparecen nun procedemento de axudas PAC, cousa que non sempre o que recibe devandita notificación entende de que se trata. Pretendo pois dar un pouco de luz sobre o misterio das axudas europeas aos gandeiros galegos, por si a alguén o chaman algún día desde Facenda para preguntarlle por algún ingreso sen declarar por un arrendamento pantasma do que non é preciso permiso por escrito nin acreditacións burocráticas.
Podemos mellorar este trámite? É mellorable que estas axudas sigan sendo áxiles pero verificables? Que ocorre si o dono da leira non solicitou ningunha axuda nin deu permiso a ninguén para pedir esa axuda? Vostede, amado lector, que opina?
Escribe o teu comentario