Segundo UNICEF, a axencia das Nacións Unidas para a infancia, máis de 420 nenos morren en Gaza ou resultan feridos cada día dende que comenzou a guerra. Pola súa parte, a organización Save de Children sinala que "cada 10 minutos" morre un neno en medio do conflito.
Os nenos e as nenas pobres de Gaza, son todos pobres, non saben que fixeron mal para que os queiran matar. Quen é ese Netanyahu que tanto os odia?
Os nenos e as nenas pobres de Gaza, os/as máis cativos non se poden alimentar porque dos peitos das súas nais non sae leite senón sangue.
Os nenos e as nenas pobres de Gaza escoitáronlle aos seus pais que o/a irmanciño que ía vir xa non virá e pregúntanse por que non pode vir? Quen llo impide?
Os nenos e as nenas pobres de Gaza non poden saír ao fronte das súas casas a xogar porque do ceo caen bombas... E porque xa non teñen casa que foi derrubada.
Os nenos pobres de Gaza non poden xogar ao fútbol cos nenos ricos de Israel porque un muro os separa e non lles deixan cruzalo.
As nenas pobres de Gaza non lle poden ensinar as súas bonecas ás nenas ricas de Israel porque... non teñen bonecas.
Os nenos pobres de Gaza xa non van pescar ao porto porque non hai peixes de tan contaminado que está o mar. Tampouco poden ir cos seus avós no barco porque está prohibido ir moi lonxe... Ata onde están os peixes.
As nenas pobres de Gaza non poden ir coller aceitunas ás oliveiras porque seica non son súas senón do patrón que ademais está fóra.
Os nenos e as nenas pobres de Gaza xa non poden bebe-la auga dos pozos... Porque seica están secos ou contaminados...
Os nenos e as nenas pobres de Gaza xa non saben como cantan os paxaros, porque en Gaza non hai paxaros. Fuxiron para outros lugares mais seguros. E... Por que fuxiron se eles só os queren ouvir cantar?
As nenas pobres de Gaza non poden ter un gato, tampouco un canciño... Porque en Gaza non hai cans nin gatos.... Tiveron que comelos.
Os nenos pobres de Gaza non lle poden tirar pedras aos farois... Porque en Gaza non hai farois.
Os nenos e as nenas pobres de Gaza non entenden por que os seus pais non paran de chorar cando os miran. Tan feos/as son? Ou é que... os seus pais están todos enfermos?
Os nenos e as nenas pobres de Gaza tampouco entenden por que esas xentes, tan forzudas e armadas, entran dese xeito nas súas casas e derruban todo. E agora veñen máis, montados neses carros que lanzan lume pola boca e esmagan os viñedos. Que están a buscar? Que quere esa xente? Por que esmagan os viñedos?
Os nenos e nenas pobres de Gaza escoitan que eses "homes malos" queren que se vaian das súas casas... Pero a onde? E... Por que se teñen que ir?
Os nenos e as nenas pobres de Gaza non entenden por que desaparecen tantos/as dos/as seus/súas amigos/as. A onde se foron? Por que marcharon?
Os nenos e as nenas pobres de Gaza pregúntanse tódolos días por que non poden ser como os nenos e as nenas deses países ricos que vían na televisión... Cando tiñan televisión.
Os nenos e as nenas pobres de Gaza só quererían seren como os demais nenos e nenas... Pobres inxenuos.
Escribe o teu comentario