De éxito en éxito, ata o fracaso final!

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Nos últimos días estamos asistindo a un cúmulo de despropósitos por parte do SERGAS, que teñen a súa culminación en dúas sentencias do TSXG que poñen en cuestión a política de Feijoo e Rueda e indícanos claramente que ou se cambia de rumbo ou o desmantelamento da AP é irreversible.

 

O TSXG condea a Xunta por “vulnerar dereitos do persoal médico en AP e Pediatría por non respectar a normativa vixente para garantir a integridade pública e a saúde dxs profesionais”. O sindicato O´Mega, presentou a demanda, para denunciar “a desproporcionada carga de traballo a que o SERGAS somete xs seus traballadorxs”.

 

A vez, o TSXG, “anula e déixa sin efecto, a instrucción do Sergas que permitía renovar receitas xs farmacéuticxs” e “condea a Xunta a aboar as costas o Consello Galego de Colexios Médicos”.

 

Está claro, que a política sanitaria, pasa por “ocorrencias” que dende logo non tratan de mellorar a asistencia, si non que van de “éxito en éxito ata o fracaso final”, que será o empeoramento do Sistema Sanitario Público de forma irreversible, por culpa do PP!

 

A política de “fuxida cara adiante”, sin pes nin cabeza, é unha estratexia para desmantelar un Sistema Sanitario que cada día está máis precarizado e respondendo ás demandas da poboación grazas o voluntarismo dxs profesionais para poder dar unha asistencia exclusívamente clínica, sin poder facer labor de prevención, promoción da saúde, investigación, formación e nada que non teña que ver ca asistencia directa a demanda de cada día.

 

Con consultas de 40-50 doentes diarios de forma continuada, é moi difícil xestionar con boa praxe a demanda de cada día. Compañeirxs que están como Médicx ou Pediatra sustitutxs, que hoxe están aquí e mañá acolá, que traballan por horas cando van estar días, por días cando van estar semáns, semáns cando a baixa é de larga duración...a atención de calidade que se necesita é moi difícil de facer. Ademáis, o salario base dun Médico do SERGAS, é de 1.256 euros, que si non fose polos complementos, non se chegaría a unha remuneración acorde co tempo e o esforzo que se precisa para poder traballar no sistema. Teñen que aprobar o MIR, sistema de calidade máxima, recoñecido en todolos países do noso entorno. Estos sistemas sanitarios alleos, só teñen que poñer un/ha traductor/a durante 6 meses, e xa teñen un/ha profesional de primeirísimo nivel...e sin gastar un euro! Sabemos que formar un Médicx, costa 300.000 euros e non recibimos os frutos desa inversión, que sí os reciben, lugares que prestixian a profesión, dan un salario digno e unha estabilidade, e iso, facilita que se lles incorporen profesionais, sin ningún esforzo económico.

 

As listas de agarda son o principal motivo de queixa dxs doentes. Están a aumentar día a día, por moito que o Conselleiro de Sanidade repita a mentira e quera maquillala: non incorporan a lista de agarda non estructural de doentes que están no limbo de: “lla los llamaremos”. 360.000 persoas están en lista de agarda na Galiza: é o 13% da poboación galega!

 

Galiza é a cuarta comunidade do Estado onde menos se inviste en sanidade por habitante. O gasto fica en 1.691 euros ao ano por persoa, o que supón 37 e. por baixo da media estatal (1.728 ), segundo os últimos datos da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal... e 321 e menos que Euskadi!

 

Profesionais sanitarios, están dimitindo, outrxs están non prorrogando o seu traballo o chegar á xubilación, os Colexios Médicxs manifestan o seu malestar, as organizacións científicas e profesionais non ven reflectidas as súas reivindicacións, Sindicatos e Partidos Políticos o expresan e Plataformas Sanitarias maniféstanse día sí e día tamén.

 

Que máis ten que pasar para que cambie a política sanitaria na Galiza? O 12 de febreiro do 2023 dirémosllo na rúas de Compostela, de novo!

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE