Sen ningunha dúbida Lores gañará, como así o reflectiu no seu día Sondaxe, o seu modelo de cidade, os eventos deportivos, os investimentos públicos que sei realizaron para humanizar a cidade e a adquisición do Convento de Santa Clara, determinan un perfil de cidadán de hábitos conservadores e de todas as ideoloxías que é maioritario en Pontevedra pero que nunhas municipais vota a un #BNG moderado.
Os problemas medioambientais, xurídicos e laborais que afectan a celulosas non son suficientes para #producir un envorco no concello pontevedrés xa que unha gran parte da cidadanía vinculan o problema de ENCE a un colectivo pero, como se viu reflectido nas municipais anteriores, traduciuse en só dous concelleiros favorables ao #PP.
Pódese producir, iso si un transvasamento de dúas actas como moito e sendo moi optimista entre bloques ideolóxicos e pouco máis.
E a pregunta sería: é o desgaste de Lores o problema ó o non haber alternativa ao seu modelo por parte da oposición?, ofrecendo tan só a reapertura de Raíña Vitoria. Se queren reabrir algo por que non atrévense coa delegación da #TVG? Algo que por certo prometeu no seu día Telmo Martín. Un ó dous concelleiros entre bloques ideolóxicos, esa é a pinza de cambio coa que nos movemos e que para nada afectará á actual gobernabilidade en Pontevedra.
Escribe o teu comentario