​O PP reivindica desde Santiago "unha reforma educativa" que "chegue para quedar"

|

Mendez vigo ppgaliciaMéndez de Vigo propón un 'MIR educativo'.

O ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, propuxo este sábado o impulso dun programa de formación práctica tutorizada para acceder "prestixiar" o labor docente, "un MIR educativo de dous anos" de duración no que se traballen "todas e cada unha das funcións asociadas" ao labor do profesorado.


No marco da Convención Nacional de Educación que os populares celebran en Santiago de Compostela, na que tamén interveñen o vicesecretario popular de Política Social, Javier Maroto, e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o ministro reivindicou que o pacto educativo "é posible" e apelou ao espírito da Transición para que se poida materializar.


Así mesmo, avanzou que nos próximos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que presentará o Goberno prevese "aumentar a partida de bolsas en 50 millóns de euros para lograr outro récord histórico". "Anúncioo aquí para os que non queiran apoiar os orzamentos digan logo por que", advertiu, antes de chamar tamén a "repensar a educación en termos dixitais".


REFORMA EDUCATIVA


Tamén o vicesecretario de Política Social do PP, Javier Maroto, reivindicou a necesidade dun pacto educativo que se faga "arrimando o ombreiro" alumnos, profesores e partidos políticos, "unha reforma educativa" que "chegue para quedar" e á marxe "de siglas" que  Núñez Feijóo se comprometeu a "liderar e impulsar" desde Galicia.


Maroto apelou a "escoitar" para non cometer "erros" e advertiu de que unha reforma educativa non pode ser "boa" se non é "consensuada" e participada polos colectivos implicados.


Tamén proclamou que o PP valora a "experiencia" e "as canas" porque son "compatibles co sangue fresco" e as ideas novas. Ao tempo, proclamou que "se se puido facer un pacto contra a violencia machista" no ámbito estatal, "pódese e débese facer un pacto pola educación".


SAÚDE E EDUCACIÓN FINANCEIRA


"Todos a un tempo, todos arrimando o ombreiro: alumnos, profesores e partidos", proclamou, antes de incidir na importancia de formar en cuestións dixitais, pero tamén en ámbitos alimentarios, achegar unha "máis completa educación" en saúde sexual ou reprodutiva e tamén "ensinar un mínimo de cultura financeira".


Como exemplo da falta de formación neste ámbito, Maroto apuntou aos preferentistas e preguntou "cantos máis" ten que haber para que se ensine, por exemplo, como se afronta unha hipoteca.


Do mesmo xeito, aludiu ao desemprego entre os mozos, que tamén vinculou en gran parte á formación e incidiu en que "practicamente non hai paro nos alumnos que rematan a FP dual". Finalmente, manifestou que se hai unha reforma educativa é preciso plasmar que "se ensine en valores, en igualdade e no respecto".


relacionada ​A OPE de Educación de 2018 terá o dobre de prazas que a do ano anterior
relacionada As comunidades do noroeste buscan vías de colaboracion en políticas educativas
relacionada A Xunta eleva máis o orzamento para formigón que o do sistema educativo
relacionada A educación foi "unha das grandes sacrificadas no altar da austeridade"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress