A Xunta eleva máis o orzamento para formigón que o do sistema educativo

|

Educacionlapices


O orzamento da Consellería de Infraestruturas é o que máis crece en 2018, cun aumento do 11,4%, ata 408 millóns. Nas contas para o ano que vén hai unha alza en todos os departamentos, como o 3,5% de incremento en Sanidade (total de 3.860,8 millóns), aínda que o aumento de Educación, do 2% (total de 2.391,3 millóns), está por baixo da media do 2,9%.


De feito, no orzamento total da Xunta, de 9.487 milllones, Educación é a segunda consellería que menos sobe, pois só o aumento en Facenda é menor (+1,5%), ata 56 millóns.


Con todo, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que esta situación en Educación se debe a "dous efectos": polos 15 millóns de euros de transporte escolar que pasan a estar ligados á Consellería de Infraestruturas e que o gasto de persoal, que acapara o 75% do total, crece ao 2%.


Aínda con eses 15 millóns, que equivalerían ao 0,6% do orzamento de Educación, a subida seguiría sendo a segunda máis baixa.


Pola súa banda, Presidencia crece un 9,1%, ata 194,6 millóns; seguida de Mar (7,4%), 155,4 millóns; Vicepresidencia (+6,8%), 281,1 millóns; Política Social (+4,3%), 700,7 millóns; Medio Ambiente (+3,8%), 117 millóns; Medio Rural (+3,5%), 495,5 millóns; e Economía, Emprego e Industria (+3,2%), 464 millóns.


relacionada O orzamento galego de 2018 esgota o teito de gasto e baixa a previsión de crecemento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress