O orzamento galego de 2018 esgota o teito de gasto e baixa a previsión de crecemento

A Xunta aproba as axudas para cubrir os danos dos incendios, aínda que non prevén a contía económica.


|

Conselloxunta 2Reunión semanal do Executivo.

O Goberno galego esgotará o teito de gasto anunciado en xullo deste ano no orzamento do ano 2018, cun gasto non financeiro de 9.487 millóns de euros, aínda que, fronte á estimación anunciada no verán e na liña coa revisión á baixa de España, diminúe a previsión de crecemento económico para o próximo exercicio do 2,7 ao 2,5 por cento.


"Será un crecemento sólido que, de forma moi prudente, situamos nun 2,5 por cento. A baixada débese, sobre todo, a posibles efectos adversos ante a situación de Cataluña", explicou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, quen avanzou o contido das contas.


En termos globais, en relación ao orzamento en vigor, a capacidade de gasto é superior en 331 millóns. En canto á taxa de paro para o próximo exercicio, a Xunta sitúaa nun 14,2 por cento e prevé aumentar a ocupación en tempo completo en 17.500 empregos.


AXUDAS POR INCENDIOS


O Goberno da Xunta aprobou este xoves o decreto de medidas urxentes para paliar e reparar danos polos incendios forestais, respecto do que o presidente manifestou que a "prioridade absoluta" é atender ás familias.


Desta maneira, decidiuse "aumentar as indemnizacións para familiares" das vítimas. "Que sirva de algo para paliar moral e economicamente" a quen perdeu familiares como consecuencia "do terrorismo incendiario", manifestou Núñez Feijóo.


Ademais, haberá axudas para as persoas que perderon a súa vivenda habitual e que non teñen seguro, e abrirase unha liña de "asesoramento" para que aquelas familias que si teñan esa cobertura poidan cobrar a indemnización.


"Incrementaremos as indemnizacións", manifestou, aínda que sen precisar en que medida, o mandatario autonómico, que fixo fincapé na "intencionalidade delituosa" dos incendios forestais que rexistrou Galicia.


relacionada O Goberno galego eleva o seu teito de gasto un 5,4%, ata 9.487 millóns

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE