O Goberno galego eleva o seu teito de gasto un 5,4%, ata 9.487 millóns

Feijóo defende que os orzamentos do próximo ano poderán ser "máis ambiciosos" ao contar con "máis fondos".


|

DinerobilleteseurosFeijóo di que as contas do 2018 serán "máis ambiciosas".

O Goberno da Xunta decidiu incrementar un 5,4% o teito de gasto previsto para os orzamentos do próximo ano, ata os 9.487 millóns de euros, segundo aprobou este xoves o Consello da Xunta.


O presidente autonómico considerou, con estes datos, que as contas do próximo ano serán "máis ambiciosas" ao contar con "máis fondos" e vinculou este incremento á aposta da Xunta pola "estabilidade" orzamentaria e a "responsabilidade".


De forma paralela, Núñez Feijóo destacou un incremento na previsión de crecemento económico de Galicia tanto con respecto a este ano como de cara ao próximo. Tras a previsión inicial do 2,4%, que posteriormente se elevou ao 3%, a Xunta está en disposición de "confirmar" que "a previsión de crecemento oficial da economía galega" para este ano será do 3,1%. Para 2018, que se situaba na contorna do 2,5%, elévase ao 2,7%.

relacionada O PP aproba os orzamentos de 2017 en solitario e sen incorporar ningunha emenda
relacionada Os socios de investidura de Rajoy avalan o teito de gasto de 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE