Condena unánime ao ataque ao centro de menores migrantes en Monforte: un acto "racista", "violento" e "intolerable"
Os líderes do tres partidos con representación no Pazo do Hórreo, Podemos Lugo ou a Delegación do Goberno mostraron a súa condena ao ocorrido, aínda que na súa maioría responsabilizan a PP e Vox de alentar os discursos do odio.
O ataque incendiario contra o edificio residencial Francisco Suárez de Monforte de Lemos, onde se situará proximamente o centro da Xunta para acoller a menores migrantes no municipio lucense. O lanzamento de cócteles molotov na madrugada do venres ao sábado, nun episodio que está a ser investigado polas autoridades, provocou importantes danos no comedor do centro. A Policía Nacional estuda nestes mometnos as imaxes das cámaras nas que se visualizan a varias persoas no exterior. Ademais, os axentes analizan as mensaxes que circulaban previamente en redes sociais onde usuarios suxerían, sobre o acollemento dos menores migrantes, que "isto arránxase con gasolina".
CONDENAS E RESPONSABILIDADES
As reaccións políticas non se fixeron esperar e o PPdeG, á fronte do Goberno de Galicia, condenou os feitos. "O sucediro en Monforte de Lemos contra o centro da Asociación Prodeme é absolutamente intolerable", escribiu hai uns minutos en Twitter o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o último en pronunciar nunha lista de populares onde atopamos ao portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, ou a presidenta e portavoz do PP de Monforte de Lemos, Katy Varela.
"Galicia non vai tolerar actitudes de racismos ou xenofóbia. Confiamos en que a investigación policial aclare pronto os feitos", apostilou o líder dos populaes galegos, formación sobre a que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, descargou as responsabilidades polos "discursos do odio" que o partido dirixido por Alberto Núñez Fejóo vén adoptando a nivel nacional.
"É unha mecha moi fácil de encende e moi difícil de apagar", indicou Pontón, que condenou "energéticamente" o ocorrido e convidou ao PP a que "garanta a seguridade" dos menores migrantes e "desterre os discursos de odio", pois, ao seu xuízo, o PP "importan un discurso racista e de odio": "Pídolle ao PP que deixe de facer política ruin e partidista con estes nenos que están sós. Somos un pobo emigrante e unha terra de acollida e así debemos de seguir sendo".
O terceiro en liza, José Ramón Gómez Besteiro, lucense e líder dos socialistas galegos, pronunciouse sobre os actos "vandálicos e innecesarios" nos que mostrou o seu "rexeitamento". "Non podemos consentir que se sigan producindo, esas actitudes merecen o noso desprezo e a nosa condena clara", sentenciou o secretario xeral do PSdeG sobre un feito que, asume, resulta "consecuencia directa dunhas mensaxes e dunha ideoloxía que hai que parar entre todos".
Máis aló do tres partidos con representación na Cámara autonómica, tamén desde Podemos Lugo fixéronse eco do ocorrido, tachándoos como un suceso "racista e gravisimo", efecto de "os discursos de odio que PP e Vox alimentan desde as institucións".
"Non estamos ante un feito illado, hai só uns días PP e Vox votaban contra a RegularizaciónPorArraigo, e a propia Xunta mostrou a súa oposición á acollida de menores migrantes en Galicia. Estas decisións e declaracións crean un clima social hostil que lexitima a violencia contra as persoas máis vulnerables", denuncian os azamboados nun comunicado onde sosteñen que "ningún neno é ilegal e todos teñen dereito a protección e dignidade", máis nunha Galicia que reivindican como "terra de acollida e solidariedade, nunca de exclusión".
"Defender aos menores migrantes é defender a democracia, a convivencia e os dereitos humanos. Galicia non pode permitir retroceder fronte ao racismo", estiman. Un pronunciamiento similar ao que fixo a Delegación do Goberno en Galicia sobre o que cualifican de "feito intolerable", facendo un chamamento a
"evitar discursos que alimenten o odio".
"Condenamos rotundamente este ataque en Monforte, é un feito intolerable que pon en cuestión os valores de convivencia e respecto que deben guiar á nosa sociedade", din desde a Delegación de Goberno, subliñando que "todas as administracións teñen a responsabilidade de actuar con firmeza e garantir que a acollida de menores migrantes desenvólvase con seguridade".
Escribe o teu comentario