​A OPE de Educación de 2018 terá o dobre de prazas que a do ano anterior

A Xunta propoñerá aos sindicatos case 2.000 prazas, con 1.050 profesores de ESO e 574 mestres.


|

Oposicionssilleda


A Xunta propoñeralles aos sindicatos de educación unha oferta pública de emprego (OPE) para 2018 co "dobre" de prazas que a que se convocou o ano pasado, o que significa preto de 2.000 postos dos que 1.050 corresponden con profesores de secundaria e 574 con mestres de primaria.


Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu goberno, Feijóo deu a coñecer o informe que lle trasladou o departamento que dirixe Román Rodríguez e que inclúe a proposta que se lles fará aos sindicatos de educación na mesa sectorial.


Aínda que non se concretou cando se negociará esta proposta, o máximo mandatario autonómico lembrou este xoves que ten que arrincar o proceso antes de que finalice este curso e finalizar con anterioridade ao comezo do seguinte.


"Hai que intensificar as horas de estudo", animou, así mesmo, o presidente autonómico aos opositores, en relación a que "a conta atrás está en marcha".


DETALLE DA OPE


Na súa intervención, Feijóo detallou o contido da proposta para este ano, que "duplicará" case a que houbo en 2017, o que contribuirá, dixo, a seguir "consolidándoa" como a taxa de interinidade máis baixa do Estado e bastante por baixo da media nacional.


Concretamente, indicou que en Galicia se sitúa no 13 por cento, mentres que no Estado é do 25 por cento (segundo sindicatos) ou do 20 por cento (segundo o Ministerio de Educación).Coa nova OPE, preténdese reducir a taxa á contorna do 5-7 por cento.


Así, a convocatoria, que se fará nos "próximos meses", incluirá un total de 1.919 prazas en 30 especialidades diferentes. Serán 1.050 de profesores de ensino secundario, o dobre que en 2017; 160 para profesores técnicos de FP, o que tamén duplica a anterior cifra, 30 de escolas oficiais de idiomas, que en 2017 non se convocaron; 574 mestres, e 105 catedráticos de música e artes escénicas para os conservatorios superiores.


relacionada CIG realizará unha campaña en defensa dos "dereitos arrebatados" ao profesorado
relacionada Os sindicatos auguran un curso "complicado" pola parálise do pacto educativo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE