A educación foi "unha das grandes sacrificadas no altar da austeridade"
Podemos celebrou en Pontevedra unha asemblea sectorial que denuncia que "o ascensor social educativo se averiou".
Imaxe da Asemblea de Pontevedra. Foto: @PodemosEduca
O portavoz da comisión de Educación no Congreso do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, Javier Sánchez Serna, denunciou este sábado que "o ascensor social educativo se averiou": "A educación foi unha das grandes sacrificadas no altar da austeridade".
En concreto, pronunciouse deste xeito no marco da VI Asemblea do círculo sectorial de Educación de Podemos celebrado en Pontevedra, tal e como indicou a formación política nun comunicado.
"Desde 2010 recortáronse máis de 7.000 millóns, pecháronse centros públicos, despedíronse a máis de 30.000 docentes e desapareceron os programas de atención á diversidade", lamentou Sánchez Serna, para logo engadir que isto supuxo "o avance da desigualdade".
A encargada de inaugurar a asemblea foi a deputada de En Marea Luca Chao, quen, na súa intervención, dixo que "os recortes supuxeron 190 millóns de euros menos para o ensino en Galicia".
Escribe o teu comentario