Adrián: "O Madrid é o Madrid aínda que non estea no seu mellor momento"

O dianteiro do Dépor defende que o equipo deu un paso adiante e que se podían sacar máis puntos cun pouco de fortuna.


|

Adrian deporAdrián chama a apertar desde o principio. Foto: RC Deportivo


"Os últimos dous partidos, se tivésemos un pouco de fortuna, podiamos gañar". Adrián valora así as últimas actuacións do Dépor, ao que ve que "cada vez está a competir mellor".


O dianteiro branquiazul, cedido polo Porto, defende que "nestes dous últimos partidos o equipo deu a cara e poderíanse sacar máis puntos". Por iso reclama "estar moi serios" no Bernabéu.


"O Madrid é o Madrid aínda que non estea no seu mellor momento", avisa Adrián, que lembra que "ir ao Bernabéu sempre é complicado, aínda que non estean a sacar bos resultados".


O xogador chama a "dar o cento por cento" desde o principio, materia pendente para o Dépor, porque os brancos "sempre saen forte e se che fan gol pronto, pónselles de cara o partido".


Sobre o partido ante o Valencia, recoñece que "persoalmente sei que fallei, Rubén sabe que se lle escapou o balón e son cousas que pasan no fútbol, non hai que darlle moita máis voltas, hai que tratar de que non volvan pasar".


relacionada ​O Dépor tratará de "fozar na ferida" do Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE