ERC e o PDeCAT non se poñen de acordo para unha investidura de Puigdemont a distancia

O propio ex presidente fuxido e a líder de ERC reuníronse en Bruxelas.


|

Puigdemont plasmaPuigdemont, nun acto de campaña. Foto: JuntsXCat


JuntsxCat e ERC pactaron acudir ao pleno de constitución do Parlament do mércores 17 de xaneiro co fin de sumar os votos necesarios para formar unha Mesa con maioría independentista, explicaron fontes dos dous partidos.


Ambos os dous líderes reuníronse o martes pola noite en Bruxelas para abordar a situación política catalá, xusto o mesmo día en que Artur Mas anunciaba a súa dimisión como presidente do PDeCAT, partido de Puigdemont. 


Nun principio anuncárase que tamén había acordo para investir a Carles Puigdemont, pero ERC matizou logo que non está pechado e que segue estudando se avala ou non que o presidente cesado (JuntsxCat) sexa investido a distancia. Podes ampliar esta información en Catalunyapress.


Ao tempo, os avogados de Oriol Junqueras solicitaron ao Tribunal Supremo "a autorización para o traslado urxente" de centro penal e permisos para acudir ao Parlament. Argumentan que un preso segue mantendo os seus dereitos políticos. A información de Catalunyapress ten máis detalles desta petición.


relacionada ​Rajoy espera que Cataluña sexa capaz de formar Goberno "pronto"
relacionada ​Artur Mas, investigado polo referendo ilegal, deixa a presidencia do PDeCAT
relacionada O Supremo non cre a palabra de Junqueras e manteno en prisión provisional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE