O Supremo non cre a palabra de Junqueras e manteno en prisión provisional

O fiscal defendeu que segue habendo risco de reiteración delituosa, agravado por que poida chegar a presidir a Generalitat.


|

Tribunalsupremo 2


A Sala do Penal do Tribunal Supremo acordou este venres manter en prisión provisional a Oriol Junqueras polos delitos derivados do 'procés' e a Declaración Unilateral de Independencia de Cataluña.


A decisión adoptouse tras a vista de apelación na que o propio Junqueras se dirixiu ao tribunal nunha quenda de palabra na que se describiu como "home de paz" con conviccións relixiosas e apelou ao seu "civismo" e ao seu compromiso no "diálogo bilateral" para conxurar o risco de reiteración delituosa que o mantén no cárcere.


O fiscal do Tribunal Supremo Javier Zaragoza, defendeu o mantemento en prisión de Junqueras ao existir aínda risco de reiteración delituosa e ao consideralo ademais "promotor" dos feitos que derivaron na DUI. Apuntou tamén que este risco se ve agravado pola posibilidade de que o líder de ERC alcance a presidencia da Generalitat.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada ​O Supremo non decide ata este venres se mantén en prisión provisional a Junqueras
relacionada O xuíz négalles a liberdade baixo fianza a Junqueras, 'os Jordis' e un dos ex conselleiros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE