A Policía acusa aos Mossos d'Esquadra de facer seguimentos a políticos do PP catalán

Trataríase de "un reducido grupo de axentes da máxima confianza" da cúpula independentista.


|

Garcia  albiol enric milloGarcía Albiol e Enric Millo.


A Policía Nacional ha atopado documentos dos Mossos d'Esquadra que demostrarían supostos seguimentos a dirixentes do PP catalán, como o candidato Xavier Garcia Albiol, e o delegado do Goberno en Catalunya, Enric Millo.


Segundo publica El Confidencial trátase de "un reducido grupo de axentes da máxima confianza da cúpula dos Mossos que foron seleccionados pola súa militancia inquebrantable no movemento independentista".


Estas probas atopáronse nos documentos que lle foron incautados o pasado 26 de outubro -un día antes da Declaración Unilateral de Independencia (DUI)- aos Mossos cando os tentaban queimar nunha incineradora.


O xornal catalán La Vanguardia, con todo, publica que os Mossos d’Esquadra desmenten de forma categórica que axentes da Unidade Central de Resposta Operativa espiasen a políticos.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada O maior dos Mossos sae da Audiencia Nacional sen medidas cautelares
relacionada A Xustiza belga arquiva o caso de Puigdemont e os ex conselleiros fuxidos
relacionada Catalá nega que a imaxe de España se deteriorase pola fuxida de Puigdemont

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE