O maior dos Mossos sae da Audiencia Nacional sen medidas cautelares
Trapero declarou preto dunha hora como investigado por un presunto delito de sedición.
Trapero, á súa chegada á Audiencia Nacional.
A Fiscalía da Audiencia Nacional non solicitou a aplicación de ningunha medida cautelar para o maior dos Mossos d'Esquadra, Jospe Lluís Trapero nin para os presidentes da ANC, Jordi Sànchez; o de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart tras as comparecencias deste venres na Audiencia Nacional.
Acudiron como investigados por un presunto delito de sedición relacionado cos incidentes durante a operación policial contra altos mandos da Generalitat pola preparación do referendo ilegal.
Fontes xurídicas explicaron que a Fiscalía da Audiencia Nacional presentou un novo informe ante a xuíz do caso, Carmen Lamela, que previsiblemente leve a unha nova citación de todos eles nos próximos días.
Escribe o teu comentario