O maior dos Mossos, investigado por sedición pola Audiencia Nacional
Non está citado polo 1-O, senón polos incidentes de hai dez días durante os rexistros na Consellería de Economía.
A maxistrada da Audiencia Nacional Carmen Lamela citou a declarar este venres en calidade de investigado o maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluis Trapero, á intendente dos Mossos, Teresa Laplana, e os presidentes da ANC e Onmium, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, respectivamente, por un presunto delito de sedición en relación aos incidentes que tiveron lugar os pasados días 20 e 21 de setembro ás portas da Consellería de Economía en Barcelona.
As ditas concentracións, que se saldaron con varios coches da Garda Civil esnaquizados, buscarían "tratar de cambiar ilegalmente a organización territorial do Estrado e declarar a independencia dunha parte do territorio" quebrantando "o principio da unidade da Nación española", segundo expuxo a xuíz da Audiencia Nacional no seu auto.
Escribe o teu comentario