Premio Manoliño Nguema, o documental que narra a vida dun guineano na Cidade dos Muchachos de Ourense (vídeo)
"Fomos os primeiros negros e a xente flipaba connosco, é que tedes unha cara tan difícil" lembra o artista circense formado na defunta escola do Pai Silva.
"Fomos os primeiros negros e a xente flipaba connosco, é que tedes unha cara tan difícil" lembra o artista circense formado na defunta escola do Pai Silva.
O xurado do 'Festival de cinema e televisión do Reino de León', cuxa gala de clausura celebrouse este sábado, entregou o premio a mellor documental a Manoliño Nguema, unha obra que narra a vida do artista ecuatoguineano Marcelo Ndong, criado na Cidade dos Muchachos de Ourense.
Manoliño Nguema achéganos ao universo dun proxecto que comezou sendo un documental e que aos poucos se foi transformando nunha iniciativa moito máis ampla que aglutina o teatro, a música e a formación nunha alegación en favor da migración, unha mirada positiva ante o poder integrador e sanador da cultura.
AUTORES E PRODUTORES
A peza está asinada por Antonio Grunfeld, producida por Filmika Galaika e a ONG Waka films e a colaboración de Agareso, a Asociación Galega de Comunicación para ou Cambio Social.
No mes de febreiro Manoliño Nguema fíxose co Premio do público e unha Mención de Honra no Festival de cinema MiradasDoc de Tenerife, en marzo gañou o Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, e no mes de xullo recibiu o Premio á mellor dirección e realización da man de CREA.
O documental, que segue o seu periplo por festivais de todo o mundo, poderá verse en Santiago o vindeiro luns 14 de setembro no marco do 'Compostela mais Solidaria,' e tamén está programado no Festival de Cinema de Ourense (OUFF), que este ano se celebra do 25 de setembro ao 3 de outubro.
ESTREO NA CORUÑA
Na Coruña presentarase o 3 de outubro en Cinemabeiro, a 'Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a non violencia'.
Escribe o teu comentario