A Xustiza belga arquiva o caso de Puigdemont e os ex conselleiros fuxidos

Era o trámite correspondente tras a retirada da euroorde. Os dirixentes independentistas xa poden saír de Bélxica.


|

Puigdemontconsellers


A Xustiza belga arquivou este xoves o caso de Carles Puigdemont e dos catro ex consellers que o acompañaron na súa fuxida a Bélxica, despois de que o Tribunal Supremo decidise retirar as ordes europeas de detención e entrega.


Con esta decisión formalízase tamén a supresión das medidas cautelares que lles foron impostas cando se entregaron ás autoridades belgas o 5 de novembro, o que os deixa liberdade para viaxar fóra de Bélxica.


A audiencia celebrouse coa presenza dos avogados, pero non dos requiridos, e durou apenas uns minutos, xa que se trataba unicamente dun trámite para formalizar o peche do caso.


Segue lendo en Catalunyapress.


relacionada Catalá nega que a imaxe de España se deteriorase pola fuxida de Puigdemont
relacionada Os independentistas maniféstanse en Bruxelas xunto a Puigdemont
relacionada España pide a Europa cambiar as euroordes de detención tras a fuxida de Puigdemont

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE