O PP denuncia un “pacto ás agachadas” entre Ferreiro e os socialistas
O grupo municipal esixe a documentación relativa aos orzamentos para sometela a estudo.
O grupo municipal do PP no Concello da Coruña denunciou "un pacto ás agachadas" entre o rexedor, Xulio Ferreiro, e os socialistas para a aprobación dos orzamentos. Por iso, esixe a entrega á oposición da documentación relativa ao orzamento de 2018.
No comunicado emitido polos populares, exponse que en canto obteñan a documentación someterana a estudo para evitar "descubrir sorpresas". Ademais, pide ao rexedor un orzamento "que se centre en resolver os verdadeiros problemas dos coruñeses". Así, esixe a Ferreiro "un orzamento non ficticio" e, en particular, denuncia que o actual goberno local levase a pleno "31 modificacións orzamentarias das súas propias contas entre 2016 (17) e 2017 (14)".
Por outra banda, sosteñen que se deixaron sen executar "45 millóns para investimentos en 2016". Ademais, asegura que houbo "40 millóns en operacións bancarias de endebedamento a pesar de non investir".
Escribe o teu comentario