A Deputación de Ourense quere cobrar pola extinción a afectados pola onda de incendios

Democracia Ourensana denuncia que as facturas reclaman ata 800 euros a persoas "que viron como lles ardía a súa vivenda".


|

Incendio extincion bombeirosAs facturas ascenden ata os 800 euros.


Democracia Ourensana presentará no próximo pleno da Deputación unha moción que pide a anulación das taxas do servizo de extinción de incendios para os afectados pola vaga de lumes no municipio de Carballeda de Avia.


E é que, segundo informou nun comunicado, o partido dirixido por Gonzalo Pérez Jácome recibiu nos últimos días queixas de veciños "sumamente indignados" aos que lles chegou unha notificación de que ingresen esta taxa do servizo. En ocasións, a factura reclama ata 800 euros a persoas "que viron como lles ardía a súa vivenda".


"Entendemos que en ningún caso procede a aplicación desta taxa e pediremos que se anulen estas liquidacións, así como que se revise a propia ordenanza que dá pé á súa aplicación", explicaron.


Para Democracia Ourensana, este cobro é unha "broma macabra" dunha Deputación que "non estivo á altura das circunstancias aqueles tristes días" pero que, en contraposición, "actuou cunha sorprendente celeridade pretendendo cobrar a factura".


Na moción, a formación refírese á ordenanza publicada no Boletín Oficial da Provincia, que exime do cobro deste servizo "en casos de catástrofe ou calamidade pública oficialmente declarada". Para a formación, a situación da vaga de incendios de outubro "entra claramente neste suposto".



relacionada A Fiscalía presentará "en breve" un estudo "ambicioso" sobre a vaga de incendios
relacionada O detido polo incendio dos Blancos declara que "non era consciente do perigo"
relacionada "A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE