O detido polo incendio dos Blancos declara que "non era consciente do perigo"

Miguel Martínez, que saíu do cárcere, reclámalle a Feijóo que aclare que é ese "algo máis" no seu caso.


|

IncendioviviendasImaxe de arquivo da vaga de incendios.


Miguel Martínez, o home que pasou cinco semanas no cárcere acusado dun incendio imprudente que afectou a unha hectárea de terreo no concello ourensán dos Blancos, di estar "indignado" coa súa detención e co trato recibido por parte das autoridades.


Non así por parte dos veciños, compañeiros, familiares e persoas do mundo do ecoloxismo. "Cando saín de aí pensei que todo o mundo me ía tomar por unha persoa mala, e ao revés, ninguén me torceu a cara", contou.


Nunha entrevista concedida a Radio Cerna, que promove a asociación ecoloxista Adega, sostén que naquel momento "non era consciente da situación que había, porque o outono para min sempre foi unha época de chuvia e non imaxinei que puidese pasar todo iso".


"Sabía que había seca, pero non era consciente do perigo", insitiu, para xustificar que prendese "un pequeno lume" para asar.


Miguel incendio brancos

Miguel Martínez foi detido en Vigo. Foto: Adega

O PEOR, O TRATO RECIBIDO


"O que máis me doeu é que me detivesen así", explicou. E é que, segundo o seu relato, marchou do lugar do incendio cando o lume estaba practicamente apagado e co visto e prace da garda civil.


Xa en Vigo recibiu a citación para que se presentase no cuartel, pero detivérono paseando o can. "Veu un tío de paisano, preguntoume se eu era Miguel, trouxo unhas esposas e dime: está vostede detido", relatou, para detallar que foron cinco axentes os que o detiveron.


Tamén afirmou que "a liberdade para min é sagrada". E despois de pasar ao calabozo e ter mesmo que ir ao hospital en dúas ocasións, levárono para o cárcere a Ourense. "Sabían onde traballaba, sabían onde vivía e van e lévanme de noite con nocturnidade e aleivosía a Ourense", reprochou.


E a Feijóo, que dixo que detrás desta detención había "algo máis", Miguel Martínez reclámalle explicacións: "que me diga Feijóo que é ese algo máis".


relacionada O detido polo incendio dos Blancos, en liberdade tras 40 días
relacionada Feijóo di que hai "algunha cousa máis" para que o incendiario dos Blancos estea en prisión

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE