​Bombeiros e Protección Civil garanten a "máxima coordinación"

Os dous servizos regulan nun convenio as responsabilidades e funcións en casos de emerxencias


|

Proteccion civil bombeiros santiagoBegoña del Río, Xan Duro e Xesús Martínez. Foto: Concello de Santiago

O concelleiro de Convivencia de Santiago, Xan Duro, xunto coa responsable de Protección Civil, Begoña del Río, e o xefe dos Bombeiros, Xesús Martínez, presentou o convenio subscrito entre dous corpos para regular a actuación operativa en caso de emerxencias nas que é necesaria a presenza dos mesmos.


Este convenio de colaboración entre o Servizo de Extincións de Incendios de Santiago e Protección Civil, ten tres obxectivos básicos: maximizar as medidas de seguridade no transcurso das intervencións, optimizar a coordinación e regular as responsabilidades e funcións. Os labores de cada corpo quedan reflectidos neste documento para "garantir a máxima coordinación".


Segundo Xesús Martínez, xefe dos Bombeiros de Santiago, "o que queriamos reflectir eran as accións no traballo, para así maximizar as medidas de seguridade nas intervencións nas que actuemos en conxunto". Trátase tamén, dixo, de "optimizar os recursos e regulamentar as funcións de cada un nunha actuación".


Pola súa banda, Begoña del Río, responsable de Protección Civil en Santiago, lembrou que as funcións dos voluntarios son axudar aos profesionais, e por iso este convenio, que deixa claros os puntos de actuación".


FORMACIÓN PARA VOLUNTARIOS


Na rolda de prensa, Begoña del Río tamén deu conta da convocatoria dun curso básico de formación para futuros voluntarios de Protección Civil. "Este curso é obrigatorio para todos os voluntarios e a el van vir voluntarios de nova incorporación de Santiago, Ames, Teo ou Ferrol", explicou. Neste curso, organizado en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e con fondos europeos, impartirase formación básica imprescindible.


Haberá formación teórica, pero tamén práctica de incendios, primeiros auxilios, comunicación, accidentes ou seguridade viaria. Desde 1999 non se realizaba en Santiago ningún curso básico de formación destas características. Só se admiten 20 voluntarios que sairán de entre as 50 solicitudes presentadas. Nos criterios de selección teñen prioridade os demandantes de emprego e as mulleres.


relacionada As luces, a pista de xeo e o Mercado marcan o inicio do Nadal
relacionada Presentada a demanda contra Carmen Franco polas estatuas
relacionada Noriega cre que a "maioría progresista" sacará adiante as contas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE