A bancada de Río está "operativa con todas as garantías"
A seguridade no estadio durante os partidos nos que estivo colocada a cuberta defectuosa enfronta a alcalde e oposición.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que este domingo, día 5, a bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos, estará "operativa con todas as garantías" durante o partido que o Celta disputará contra o Athletic de Bilbao.
Nunha rolda de prensa este venres, Caballero mantivo que haberá "seguridade absoluta, con garantía total, para os 9.000" afeccionados da bancada, aos que volveu pedir desculpas e aos que trasladou que lles botaron "moito de menos" no anterior encontro na casa, contra o Atlético de Madrid, porque "son unha gran afección".
A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Vigo, Elena Muñoz asegurou que o seu grupo está disposto a acudir á Fiscalía se o goberno municipal non lles facilita os informes que acrediten a seguridade da citada bancada nos tres partidos nos que a estrutura agora retirada estaba colocaba en Balaídos.
Escribe o teu comentario