O Concello pecha a bancada de Río de Balaídos por seguridade
A pesar de que contaban con garantir o estado da nova estrutura, deciden non asumir riscos.
Estadio de Balaídos, antes da reforma.
O Concello de Vigo comunicou ao Real Club Celta de Vigo que deberá pechar unha bancada do estadio municipal de Balaídos por "motivos de seguridade" para o partido de Liga deste domingo ante o Atlético de Madrid.
O club vigués, que asegura coñecer a decisión este venres, explica que o peche parcial do seu estadio se debe a "motivos de seguridade relacionados coa cuberta", tal e como explicou nun comunicado.
A última hora desta a tarde, o Concello de Vigo comunicoulle ao RC Celta que, por motivos de seguridade relacionados coa cuberta, a Bancada de Río, tanto Alto como Baixo, non se pode abrir ao público, polo que permanecerá pechada para o partido deste domingo ante o Atlético de Madrid.
O RC Celta, totalmente alleo a esta decisión, lamenta os inconvenientes, trastornos e molestias que esta circunstancia lles causa a abonados e afeccionados que non poderán asistir ao partido. Dado que non hai entradas á venda e o aforo está completo é totalmente imposible afrontar a recolocación dos abonados. Os despachos de billetes do estadio permanecerán por tanto pechadas este sábado.
Este domingo, Balaídos renderá homenaxe ás vítimas e a todos os colectivos e cidadáns implicados na loita contra os incendios que afectaron a Galicia, e en especial á comarca viguesa, o fin de semana pasado.
Escribe o teu comentario