Fede Valverde: "Pepe Mel tiña confianza en min, pero eu non estaba ben"
O futbolista uruguaio destaca que os xogadores melloraron "moito a actitude", pero non o atribúe unicamente ao cambio de adestrador.
Fede Valverde e Celso Borges. Foto: RC Deportivo
O Dépor ansía sumar de tres en tres, ante a necesidade de subir na táboa. Para iso, Fede Valverde, anima a aproveitar que "o luns gañamos e ben e iso dános unha motivación grande". "Viñamos de partidos difíciles e duros, nos que non se deron os resultados", subliñou.
Non o ten fácil o equipo coruñés, que se miede esta xornada ao Atlético. O uruguaio ve os de Simeone "moi aguerridos, gústalle saír ao contragolpe e as ocasións que teñen sempre as meten dentro e hai que ter coidado con iso".
Fronte á actitude do Atlético, destacou a que foi collendo o Dépor, non só polo cambio de adestrador. "Non sei se o equipo cambiou moito coa chegada de Cristóbal. Melloramos moito a actitude nos xogadores, pero creo que os resultados tamén están a axudar", reflexionou.
Así, asumiu que con Pepe Mel non rendeu como esperaba. "Co anterior míster tamén estaba a ter minutos, tiña a confianza en min pero eu non estaba ben", recoñeceu.
O DERBI
Máis aló deste domingo, e sen coñecer aínda os horarios das xornadas 13, 14 e 15, o deportivismo e o celtismo xa teñen data e hora para o partido máis esperado da tempada. O Deportivo e o Celta mediranse en Riazor o sábado 23 de decembro, ás 18:30 horas, xusto antes do parón do Nadal.
Escribe o teu comentario