Fede Valverde aterra "motivado, con ganas de xogar o domingo"

Tras marcar coa súa selección, o xogador agarda ter un oco no once. Agradece aos novos compañeiros que lle axudaran a adaptarse.


|

FedevalverdegymFede Valverde, no adestramento. Foto: RC Deportivo


O Dépor completou o seu primeiro adestramento con todos os efetivos dispoñibles tras o parón polos partidos das seleccións nacionais. Os últimos en chegar foron Celso Borges e Fede Valverde.


O uruguaio compareceu ante a prensa tras a sesión, onde declarou que cumpriu un soño ao marcar coa súa selección: "conseguín o que ía buscar a Uruguai e agora toca esforzarme aquí no Dépor". O xogador, cedido polo Real Madrid, asegurou atoparse "con moitas ganas, motivado, con ganas de xogar o domingo, esperemos a ver se o míster me pode poñer".


Fede Valverde destacou o ambiente entre os compañeiros que lle axuda a adaptarse, desde a estancia de pretemporada en Vilalba. "Estou moi agradecido a eles, son tímido, cústame moito e creo que eles me adaptaron moi ben".


relacionada O Dépor supera a cifra de socios da tempada pasada
relacionada Pantilimon xa coñece os compañeiros: "Andone só me falou cousas boas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE