Os soldos máis altos das cidades están na Coruña e os máis baixos, en Ferrol

En todas as cidades se supera o soldo medio do conxunto de Galicia, que se sitúa en 16.733 euros ao ano.


|


Trabajo 2

A Coruña presentou en 2015 o salario bruto máis alto, con máis de 20.000 euros anuais, seguido de Santiago de Compostela, con 19.910 euros ao ano, segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).


No extremo contrario atópase o concello de Ferrol, onde os afiliados por conta allea percibiron de media uns 16.774 euros/ano. Con todo, os sete grandes concellos presentaban en 2015 medias de salarios superiores ao galego (16.733 euros/ano).


Con todo, a estatística de explotación da mostra continua de vidas laborais mostra ademais que, se a análise se restrinxe a persoas que traballaron durante todo o ano, en Lugo o salario medio anual foi inferior á media galega (22.328 euros/ano fronte a 23.018 de media en Galicia).


Durante o exercicio de 2015, 1.112.650 galegos en idade laboral (de 16 ou máis anos) mantiveron algunha relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade Social, un 1,9% máis que en 2014.


TRABALLOS POR MESES


O 3,3% destes afiliados traballou menos dun mes en todo o ano 2015, o 12,6% entre un mes e seis meses, o 18,8% traballou seis ou máis meses pero sen chegar ao ano completo e, finalmente, o 65,3% restante fíxoo durante todo 2015.


Estas porcentaxes varían de maneira significativa en función da idade do afiliado. Entre a poboación máis nova, a menor de 25 anos, a proporción dos que traballaron o ano completo non chega ao 20% (sitúase no 16,3%).


Con todo, ao considerar o grupo de idade de 25 a 34 anos (ambos inclusive) a porcentaxe dos que traballaron todo o ano rolda o 51% (máis concretamente, 50,7%) e segue aumentando ata conseguir o 81,6% entre os afiliados de 55 a 64 anos.


POR CONTA ALLEA


Dos 1.112.650 galegos que en 2015 mantiveron algunha relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade Social, 895.350 estiveron afiliados por conta allea nalgún momento do ano.


O 80,4% destes afiliados por conta allea traballou para unha soa empresa en 2015 (todo o ano ou parte del). Esta porcentaxe tamén cambia en función da idade do afiliado. Así, entre os mozos menores de 25 anos situouse no 66,4% mentres que nove de cada dez traballadores de 55 ou máis anos prestou servizos a unha única empresa en 2015.


BASE DE COTIZACIÓN MEDIA


En Galicia, a base de cotización media para os traballadores afiliados á Seguridade Social no réxime xeral alcanzou os 1.499 euros/mes no ano 2015, catro euros por encima do valor rexistrado no ano anterior. Por outra banda, a metade dos traballadores ten unha base inferior aos 1.355 euros mensuais.


Para os homes, a base de cotización media alcanzou os 1.662 euros/mes, mentres que para o colectivo feminino situouse 321 euros por baixo da masculina.


SALARIOS MEDIOS


A media do salario bruto para os afiliados por conta allea alcanzou os 16.733 euros anuais en 2015. Para o colectivo que estivo afiliado en alta laboral por conta allea durante todo o ano a media sitúase nos 23.018 euros anuais; para o resto de persoas, as que traballaron só parte do ano, o salario medio anual sitúase nos 7.622 euros.


No que respecta ao valor mediano, a metade dos asalariados galegos percibiu uns rendementos polo traballo inferiores aos 14.206 euros anuais.


Respecto ao ano anterior, o salario medio anual aumentou en 289 euros/ano.


relacionada Galicia, entre as tres peores comunidades de España para traballar
relacionada Traballos precarios e mal pagos, o panorama laboral dos mozos galegos
relacionada O soldo medio en Galicia é de 3.000 euros menos ao ano que no resto de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE