Pau ás VTC: o TSXG dita que non poden realizar viaxes urbanas na Coruña
O alto tribunal aclara os límites das empresas de VTC nas cidades galegas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) emitiu un auto no que aclara que os VTC na Coruña só poden facer viaxes interurbanos.
Faio á espera do resultado das accións xudiciais promovidas por empresas do sector en relación á ordenanza municipal impulsada desde o consistorio e no marco das medidas cautelares adoptadas.
Así o recolle a resolución, á que tivo acceso Europa Press, e na que especifica esta cuestión ante a petición aclaratoria do consistorio coruñés.
Isto despois de que nun auto de outubro o alto tribunal galego sinalase que se permitía a circulación deste tipo de vehículos en zona de baixas emisións, igual que os taxis.
Agora aclara que se mantén a resolución de maneira cautelar en referencia ao acceso a estas zonas, pero sen que haxa outra tipo de implicacións. Fontes consultadas sinalaron que non poden facer viaxes urbanos coa actual normativa municipal e que para facelo debería haber outra.
Escribe o teu comentario