Tariku Novales regresa a Valencia co obxectivo de seguir queimando rexistros no Maratón

O de Noia regresa á proba na que fulminó a marca nacional coa intención de resarcir tras un mal resultado nas olimpíadas.


|

GAay5mcXoAAYUuS
Tariku Novales | Foto: Maratón de Valencia

 

O salto de Tariku Novales ás longas distancias chegou de maneira natural, coma se sempre sería un fondista capaz de desafiar ao cronómetro nos temidos 42 quilómetros e 195 metros. Deixou o reloxo parado nas 2 horas 5 minutos 48 segundos no Maratón de Valencia de 2023, unha fazaña que ningún outro español logrou igualar ou, sequera, asomarse a ela. É o máis rápido na historia de España e en decembro regresará á cidade do Turia para tratar de mellorar a súa marca.

 

CAMIÑO A VALENCIA

Tariku non puido estar presente en Berlín, un dos seus grandes obxectivos, ao non poder recurperarse a tempo para a cita. A súa preparación fora moi exixente, en Etiopía, por encima dos 2.500 metros de altitude, onde alcanzara rexistros que o deixaban a un ritmo de 3:28 minutos o quilómetro.

 

A carga de traballo segue sendo alta tratando de chegar coas mellores sensacións á cita do 7 de decembro. Nestas dúas semanas que quedan, Tariku Novales comezará a pór o seu corpo a punto co obxectivo de ter todo en orde no plano físico e mental, deixando atrás dunha vez por todas o mal sabor de boca que o deixou a súa estrea olímpica, cando en París cruzou a meta cun tempo de 2:25:50, moi lonxe do esperado polos problemas físicos que fixeron do seu concurso toda unha epopea, conseguindo terminala a pesar de todas as adversidades. 

 

Para Valencia, Ibrahim Chakir (2h07:32), Yago Vermello (2h07:47) ou Dani Mateo (2h08:22) aspiran a roubarlle a coroa ao galego como os máis rápidos do país, pero iso obrígalles a rebaixar, no mellor dos casos, case dous minutos o seu mellor tempo. Xunto a eles, uns 36.000 corredores de 150 países distintos tratarán de chegar primeiros á meta. 

 

O RETO DAS DÚAS HORAS

A dúbida é si veremos a alguén baixar das 2 horas, a última fronteira da longa distancia. O desaparecido Kelvin Kiptun deixou a marca en Valencia nos 2:01:53, o sexto mellor rexistro da historia, marca aínda en posesión do propio Kiptum, que rebaixou o crono até as 2 horas e 35 segundos en Chicago, en 2023, apenas tres meses antes do accidente que acabou coa súa vida. 

 

Sobre este fito, Tariku Novales deixaba as súas dúbidas na conversación que mantivo con Galiciapress antes das Olimpíadas de París: "O único que tiña esa capacidade era el. Sen Kiptum xa non o vexo tan claro. Seguramente pode aparecer algún atleta nos próximos anos, poida que cinco ou dez, con esa capacidade. Pero el estaba cinco chanzos por encima dos demais. Hoxe non hai ninguén con ese nivel para rebaixar o crono. Se cadra equivócome, pero non o vexo posible. Só víao a el e tiña a certeza de que o faría no próxima maratón".

 

 

O galego traballa e corre para estar sempre entre os mellores e co firme propósito de gañar unha praza para Los Ángeles 2028. Esa é a data marcada en vermello no seu calendario, pero primeiro hai varias etapas que ten que superar até chegar á. Valencia, o seu circuíto, primeira parada. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE