Pepe Mel, destituído tras a quinta derrota da tempada
O técnico non logrou encadear unha xeira de resultados positivos que dean un pouco de calma ao equipo.
Pepe Mel, en Abegondo. Foto: RC Deportivo
A derrota ante o Xirona en casa rematou coa paciencia do Consello de Administración do Dépor, que este martes fixo oficial a rescisión do contrato de Pepe Mel, tras varias semanas na corda frouxa.
O adestrador, cuestionado polo mal inicio de liga do equipo, non conseguiu encadear unha xeira de resultados positivos que dean un pouco de tranquilidade ao conxunto herculino.
O club emitiu un comunicado no que agradece a Pepe Mel o seu paso polo banco.
"O Club quere agradecer sinceramente ao técnico madrileño e a todo o seu corpo técnico a dedicación, o esforzo e a profesionalidade que demostraron durante o tempo que dirixiron o primeiro equipo deportivista.
Cristóbal Parralo, adestrador do RC Deportivo Fabril, farase cargo do equipo ata final de tempada."
O balance que deixa esta tempada o técnico madrileño é o de dúas únicas vitorias, dous empates e cinco derrotas nestas nove primeiras xornadas do campionato. Tampouco os números de goles encaixados, 18, so favorables a Pepe Mel.
Escribe o teu comentario