Navantia asegura que perderá un contrato dun buque pola folga


É un buque gaseiro de orixe belga que supoñería unha carga de traballo de 47.000 horas.


|

Navantiaferrol



A empresa Navantia comunicou que o armador do buque 'Excalibur', que tiña previsto realizar varias tarefas de mantemento e reparación no estaleiro de Ferrol, deu de prazo ata a tarde do próximo luns para decidir se traslada o barco ao interior da ría departamental ou se aborta a operación e se despraza a outro estaleiro para completar os traballos.


O barco condicionou o seu acceso ás instalacións á antiga Bazán a que se poña fin na mañá do luns á folga indefinida que manteñen os operarios da industria auxiliar desde o pasado 5 de outubro, convocada en solitario polo sindicato CIG.


O buque transporta gas natural licuado (LNG) e ten bandeira belga. Durante as últimas xornadas está a percorrer a zona exterior da costa ferrolá á espera de ingresar nos estaleiros ferroláns para acometer unha serie de reparacións.


As previsións apuntan a que este buque, cunhas dimensións de 277 metros de eslora e 43 de manga e construído no ano 2002, terá que enfrontarse a un proceso importante de carenado.


Para iso, estímase que será necesario empregar ata 47.000 horas de traballo para levar a cabo as tarefas previstas, das cales a maioría, unhas 42.000, correrían a cargo de traballadores das industria auxiliar, mentres que o resto, unhas 5.000 horas, serían asumidas de maneira directa polos propios traballadores de Navantia.


relacionada Unhas 2.000 persoas dan o seu apoio á folga nas auxiliares de Navantia
relacionada A CIG chama a "dar a cara" aos sindicatos contrarios á folga
relacionada Os traballadores das auxiliares de Navantia acusan á patronal de mentir

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE