Unhas 2.000 persoas dan o seu apoio á folga nas auxiliares de Navantia

"É unha folga lexítima, xusta e que reivindica algo que xa era deles e que llelo quitaron", defende a CIG.


|

Maniauxiliaresnavantiacig


Unhas 2.000 persoas manifestáronse polas rúas de Ferrol, en apoio aos traballadores da industria auxiliar dos estaleiros de Navantia, nunha convocatoria realizada en solitario polo sindicato CIG.


A pesar da intensa choiva que acompañou os traballadores --xunto a familiares, amigos e cidadáns-- durante todo o percorrido, a marcha foi "un éxito" para os convocantes.


Segundo o secretario comarcal de CIG Industria, Vicente Vidal, "os cidadáns ven como a loita que están a realizar estes traballadores diariamente ante as portas de Navantia desde hai 15 días é unha folga lexítima, xusta e que reivindica algo que xa era deles e que llelo quitaron".


Vidal incidiu en que "esta é unha mostra de que a cidadanía non atende a esas confusións que se tentaron crear dicindo que estes traballadores o que querían é gañar privilexios, cando iso non é certo, só piden recuperar o que lles quitaron de maneira unilateral".


REFERENDO


Durante a marcha, que se realizou tras unha pancarta baixo o lema 'Acordos Auxiliares 2001-2017 Unidade Obreira e dignidade-Acordos Xa!!!', coreáronse tamén diversas consignas por parte dos manifestantes contra outras organizacións sindicais, como "Comisións Obreiras e UGT, sindicatos do poder".


A preguntas dos medios de comunicación, sobre a lexitimidade da consulta que pretenden realizar CC.OO., UGT e M.A.S. este venres, Vidal trasladou que "ese tipo de votacións debería facerse doutra forma, expondo ante a asemblea de traballadores cal é a súa proposta. "A partir de aí, se os operarios deciden facer unha votación, ben en urna ou a man alzada, é o seu dereito, e nós non temos ningún reparo, xa que é un dereito democrático", agrega.


O representante da CIG critica que: "Non saibamos que censo vai utilizar, nin que sistema de votación vai ser, xa que non estivemos nesta planificación". "A nós o que nos vale é o que vemos no día a día, cos traballadores que están aquí ás portas do estaleiro e onde todos os días se fai unha asemblea pública, aberta a todos e na que informamos de se hai algún tipo de avance", sentenciou.


relacionada A CIG chama a "dar a cara" aos sindicatos contrarios á folga
relacionada Os traballadores das auxiliares de Navantia acusan á patronal de mentir
relacionada Navantia, a pola CIG por "danos e prexuízos" da folga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE