Navantia, a pola CIG por "danos e prexuízos" da folga

A empresa naval anuncia accións legais contra o sindicato. O paro indefinido na industria auxiliar suma xa dez días.


|

Navantiaferrol

A folga indefinida chega xa aos dez días.


A empresa naval pública Navantia remitiu este sábado un burofax ao sindicato CIG no que a compañía responsabiliza a central nacionalista de "todos os danos e prexuízos" que a folga de carácter indefinido que ten convocado este sindicato en solitario desde o pasado 5 de outubro nas compañías auxiliares que operan nos dous estaleiros situados na Ría de Ferrol.


No documento, a dirección de Navantia tamén lles traslada que ten previsto "emprender todas as accións legais que sexan necesarias".


Por parte da empresa que preside Esteban García Vilasánchez estímase que este paro, que cumpre nesta xornada o seu décimo día consecutivo, onde os convocantes reclaman que todos os traballadores das compañías cobren polo menos segundo as táboas salariais dos acordos do ano 2001, "está a supoñer un grave prexuízo ao sector naval de Ferrol e estanse poñendo en risco moitos dos empregos".


PREOCUPACIÓN


Segundo estas mesmas fontes, varios foron xa os clientes do departamento de reparacións que "trasladaron a súa preocupación por como se están desenvolvendo os acontecementos".


"E onde tampouco está a ser do agrado da Armada de Australia a presenza deste conflito", engaden, sobre todo a estas alturas do ano onde Navantia participa nun concurso convocado polo país insular para a construción de ata nove fragatas, onde compite coa británica BAE Systems e a italiana Fincantieri.


relacionada Os traballadores de auxiliares de Navantia manteñen a folga indefinida
relacionada A sección portuaria de CCOO solidarízase coa industria auxiliar de Navantia
relacionada Folgas indefinidas na industria auxiliar de Navantia Fene e Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE