Nenos, deixade xa de foder coa pelota...

Manuel Fernando González Iglesias


Puigdemont cuerda floja 1

Non serei eu -mal catalán, unionista e republicano convencido- o que lle dea Puigdemont un consello sobre o que debe ou non debe contestar a Mariano Rajoy.


Pero o que si lle recomendo -porque Serrat é un dos meus poetas de referencia- é que lle regale á CUP, ao seu vice Junqueras, aos da ANC e ata ao meu admirado Ernest Maragall aquela gravación do 84 titulada "Esos locos bajitos", cuxo refrán se fixo xa universal.


Niño, deja ya de joder con la pelota.
Niño, que eso no se dice,
que eso no se hace,
que eso no se toca.


Sería unha resposta clara e concisa de que el é o president de "todos os cataláns", incluso o meu -porque aquí vivo e escribo, aquí pago os meus impostos e os da miña empresa, os nosos tres fillos e a miña neta Joanna enterraranme nesta terra e por aquel entón non terei deixado de falarlles en tres das catro linguas oficiais do estado, unha gran riqueza que é patrimonio de todos-.


Ademais, aínda que aos ultra independentistas lles pareza"xeneticamente" asombroso, amo a Catalunya profundamente, aínda que tamén me sinta español. Pódese ser do Celta do avó Manolo e ao mesmo tempo do Barça? Pois miren... si que se pode.


O do CD de Serrat sería unha forma moi elegante de pedirlles que deixen de enviar cartas patrióticas e consignas de todo tipo nestes momentos nos que necesita estar a soas e reflexionar: primeiro, porque el xa é maiorciño, quere á súa terra; e segundo e último: porque ademais el é o que máis a está xogando persoal e profesionalmente, diga si ou diga non.


Por iso mesmo sobre o que lle conteste a Rajoy non teño nada que dicir, porque aínda que tamén me apelido Iglesias, non son tan sabio nin tan gili como o líder de Podemos para dar consellos maxistrais.


O meu, vai máis na liña dun médico galego ao que coñecín e foi unha gozada tratar en Madrid, que se chamaba Paco Villar, ao que levou prematuramente o maldito cancro. Que valiosos lle serían os seus consellos agora mesmo ao actual Presidente do Goberno de España, porque era sabio, intelixente e sobre todo, moi discreto.


Como ben di a canción: Nenas e nenos da CUP, ANC, Esquerra, Ómnium, etc… deixade xa de foder coa pelota


Xa me entendedes.


Artigo publicado orixinalmente en Catalunyapress

1 Comentarios

1

Liches pouco a Castelao, verdade?. Unha pena. Repasa Sempre en Galiza, un saúdo, Pepe.

escrito por José Rodríguez Sánchez 15/Out/17    15:28 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE