Animalistas denuncian o mantemento "paralegal" da tauromaquia en Galicia
Galicia, Mellor sen Touradas subliña a "conivencia" da Xunta, que mantén competencias estratéxicas para blindar o toureo.
GMST critica que a Xunta blinda a súa pervivencia.
Galicia, Mellor sen Touradas denunciou o mantemento "paralegal" da tauromaquia en Galicia, tendo en conta que os municipios que albergan estes "mal chamados festexos", sinalou a plataforma, son "ínfimos".
Nun comunicado, a plataforma subliñou que as corridas de touros teñen continuidade debido á "conivencia" da Xunta: "Volveu excluír aos bóvidos do ámbito de protección da nova Lei de Benestar Animal e mantén competencias estratéxicas para blindar a súa pervivencia, como a autorización dos espectáculos".
A continuación, Galicia, Mellor sen Touradas lembrou que só en Pontevedra, Valga e este último ano en Moraña tiveron lugar corridas ou capeas. En contraposición, o número de firmas ascende, precisou, a "máis de 150.000", divididas en dúas peticións aloxadas na plataforma de activismo dixital Change.org.
Escribe o teu comentario