Case 3.000 galegos máis apuntáronse ao paro no peor setembro desde 2012

Desde hai un ano só 10.000 traballadores conseguiron un emprego estable en Galicia. España sofre a maior subida do paro desde 2012.


|

Empresastrabajadoresempleo

A subida en España é a peor desde 2012.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en setembro en 2.932 persoas en Galicia en comparación co mes anterior, o que supón un incremento do 1,62%, ata situar o total de desempregados en 184.057.


Con todo, o dato de persoas no paro na comunidade galega é 10.279 inferior ao do mesmo mes de 2016, o que representa unha caída do 5,29%.


No conxunto estatal, o aumento foi en 27.858 desempregados respecto de agosto (+0,8%), a maior alza neste mes desde 2012, cando se rexistraron 79.645 parados máis, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


relacionada Baixa o paro timidamente en Galicia mentres sobe en España
relacionada Galicia encabeza a baixada do paro con 7.794 parados menos en xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE