A declaración de impacto ambiental do Burgo é "decepcionante" para María Pita

|

Xulioferreiroalcaldecoruna


O goberno local da Coruña cualificou de "decepcionante" a declaración de impacto ambiental do proxecto de dragaxe da Ría do Burgo, "que chega un ano máis tarde e non responde as demandas deste concello", sinala nun comunicado.


Tras a súa publicación este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE), a concelleira de Medio Ambiente, María García, critica "a falta de diálogo" do Ministerio, "que segue sen recibir á Mesa da Ría". Ademais, apunta á "incerteza" do sector do marisqueo, "que descoñece cando se poderá traballar".


Con todo, asegura que a publicación no BOE "obrigará ao Executivo central a dotar de orzamento ás partidas preceptivas para desenvolver o proxecto de saneamento nos Orzamentos Xerais".


Así, indica que "agora" o Goberno central "xa non ten escusa para non dotar, co investimento necesario, a execución do proxecto, fundamental para o desenvolvemento ambiental, social e laboral da comarca".


relacionada Marcha na Coruña para reclamar o saneamento da ría do Burgo
relacionada Os orzamentos tampouco impulsan este ano o saneamento da Ría do Burgo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress