Marcha na Coruña para reclamar o saneamento da ría do Burgo

O proxecto de impacto ambiental para a dragaxe debería estar publicado en outubro, pero segue "bloqueado".


|

ManicorunhaburgoCabeza da manifestación. //Foto: BNG


Unha manifestación percorreu este domingo A Coruña para pedir o saneamento da ría do Burgo, nun protesta que saíu ás 12,00 desde a Casa do Mar e rematou coa lectura dun manifesto ante a Delegación do Goberno.


A marcha estivo convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo e a confraría da Coruña, na que participaron os concellos da Coruña, Culleredo, Oleiros e Cambre.

O obxectivo é demandar, tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno Central, que "dunha vez por todas se desbloquee" o proxecto de impacto ambiental para a dragaxe da ría.


Respecto diso, lamenta que ese proxecto, que está a redactar o Ministerio de Medio Ambiente, "xa tería que estar publicado en outubro de 2016 no Boletín Oficial do Estado (BOE)".


Por iso, esixe un calendario de actuacións e un plan urxente de axudas ao marisqueo, así como que "dunha vez por todas se destine o diñeiro necesario e non cantidades irrisorias para o saneamento integral da ría do Burgo nos Orzamentos do Estado".


Maniriaburgocorunha


"ESTE MESMO ANO"


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, representou a formación frontista na manifestación deste domingo. Alí, segundo informou o Bloque nun comunicado, Pontón lembrou a proposta do grupo parlamentario nacionalista na Cámara galega na que instan á Xunta a "axilizar" a tramitación do proceso para que a dragaxe da ría se inicie "este mesmo ano".


"Xa abonda de promesas incumpridas, os veciños, os mariscadores e as mariscadoras están fartas de anuncios, o que queren é ver as máquinas quitando lodos dunha vez por todas, recuperar a riqueza ambiental e produtiva dunha ría que debe volver ser a fonte de creación de emprego que foi no pasado", manifestou Pontón.


Así, cargou contra a falta de partidas para a rexeneración da Ría do Burgo nos Orzamentos Xerais do Estado, nos que, segundo lembrou a líder frontista, "só se consigna un millón de euros" para a execución dun proxecto cun custo total de 50.


Deste xeito, ironizou con que confía en que "a mensaxe" que envía Mariano Rajoy coa partida destinada nos orzamentos a esta actuación non sexa que terá que agardar "50 anos" para ver a Ría do Burgo "libre de lodos e recuperada".

relacionada Os orzamentos tampouco impulsan este ano o saneamento da Ría do Burgo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE