Os orzamentos tampouco impulsan este ano o saneamento da Ría do Burgo

Os mariscadores ven unha "tomadura de pelo" os fondos consignados polo Goberno central para a dragaxe.


|

Saneamentoriaburgo


Os mariscadores da Ría do Burgo cualificaron de "tomadura de pelo" a partida dun millón de euros consignada para a dragaxe da ría nos Orzamentos Xerais do Estado, á vez que denunciaron a precaria situación que atravesa este colectivo.


Así o manifestou, en declaracións aos xornalistas Manuel Baldomir, membro do colectivo de mariscadores a pé, que este mércores recibiu a visita da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen esixe fondos para poder iniciar este mesmo ano o saneamento da ría.


Para os mariscadores, do mesmo xeito que para o BNG, os fondos consignados polo Goberno central son "insuficientes" e, por iso, esixen "compromiso" por parte de Goberno e Xunta para acabar cun problema non só ambiental, senón tamén económico.


E é que, segundo apuntou Baldomir, a situación do colectivo de mariscadores da Ría do Burgo é cada vez peor. Lembra que nos anos 80 traballaban 3.000 persoas e a día de hoxe só o fan uns 100 mariscadores. "Isto é un sinvivir e deben actuar", engade.


DAR "UN GOLPE NA MESA"


Pola súa banda, a dirixente do Bloque asegurou que a partida orzamentaria consignada nos PGE é "un xerro de auga fría" ás esperanzas dos mariscadores. Ante esta "tomadura de pelo", Pontón chamou a dar un "golpe na mesa" e esixir fondos para o sanemiento da Ría do Burgo.


"Hai, de novo, un incumprimento coa ría e cos traballadores, coa agravante de que isto se fai coa complicidade da Xunta e da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato", sinalou a portavoz do BNG, que trasladará este asunto ao Parlamento galego e á Cámara Europea para reclamar "compromiso" e fondos para acometer a dragaxe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE