Junqueras deixa só o seu equipo de economía

Carmen P. Flores

Oriol Junqueras 3

Oriol Junqueras nunha imaxe de arquivo.


Os románticos, idealistas e valentes soñan cun mundo mellor, solidario e xusto. Non pensan no custo que isto pode ter para eles porque están dispostos a todo, mesmo a perder a súa propia vida. Sempre se poñen á fronte para levar, se fai falta, os golpes físicos ou as consecuencias xurídicas que poidan ter as súas accións. Nunha minoría dos casos é así, o resto é un baño de crúa realidade que deixa ao descuberto os covardes que se agochan tralas caretas que levan para enganar aos seus compañeiros de viaxe e á cidadanía, que creu os seus cantos de serea.


Este mércores, o Vicepresidente do Govern e responsable de Economía da Generalitat de Catalunya, no momento que a Garda Civil estaba a rexistrar as dependencias das que el é o seu máximo responsable non se atopaba nelas e foron os seus homes de confianza os que cargaron coa responsabilidade e as súas detencións posteriores. Junqueras enterouse por  un xornalista que vía telefónica o estaba entrevistado. "Sr Junqueras nestes momentos están a rexistrar a súa consellería" informouno, ao que el respondeu que era un acto máis do Goberno español e, en lugar de marchar inmediatamente ás dependencias para estar coa súa xente, apoialos, plantar cara e, se tocaba, asumir a súa responsabilidade, non o fixo senón que os deixou sós e detidos pola Garda Civil. Que tipo de persoa e político é? Onde está o seu valor político e o seu amor ao "próximo"?


Junqueras apareceu pola sede de Economía ás 16.30 horas acompañado por Jordi Sànchez da ANC e máximo responsable das convocatorias, servizo de orde e alimentos para os voluntarios. Todo improvisado? Alguén o cre?


A actitude de Junqueras é de vergoña propia e allea, que roza o principio de insolidariedade e irresponsabilidade política dun dirixente que abandona as súas xentes nos momentos críticos. Dicía Goethe que "todo aquel que aspira ao poder xa vendeu a súa alma ao diaño", pero el, con ir o domingo a confesarse e cumprir a penitencia que lle impoñan, borrará a súa acción, non precisamente cristiá.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE